Salvelinus
Salvelinus Rango fósil: mioceno tardío - actualidade[1] | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salvelinus fontinalis | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Salvelinus umbla (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Salvelinus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos, que comprende numerosas especies denominadas troitas, moitas delas moi apreciadas na pesca deportiva.
Características
editarA súa forma é a típica da familia, co corpo alongado, fusiforme e musculoso e deprimido nos flancos; a cabeza é afiada cara ao fociño, e está provista de fortes mandíbulas. A aleta adiposa está presente.
A coloración adoita ser parda prateada, con estrías pardas ou de cor area, e con manchas vermellas, no dorso e nos flancos. O ventre é máis claro. No período reprodutivo a coloración dos machos é máis brillante.
As aletas pectorais, pelvianas, anal e a parte inferior das aletas caudais presentan o bordo abrancazado ou de cor crema.
As escamas adoitan seren pequenas, levando de 115 a 200 ao longo da liña lateral.
As dimensións son variábeis, dependendo da especie, indo desde os 15 cm do Salvelinus lonsdalii aos 150 cm da troita lacustre americana (Salvelinus namaycush).
A maioría das especies poden identificarse a simple vista polas pequenas manchas de cor crema, rosada ou vermella que salfiren o seu corpo escuro.
Distribución, hábitat e bioloxía
editarOs Savelinus están presentes na parte setentrional do hemisferio boreal.
Prefiren as augas doces frescas e transparentes. Porén, algunhas especies son anádromas.
Certas destas troitas, de moi pequeno tamaño, viven até os 80 m de profundidade nalgúns lagos.
Os Salvelinus son moi sensíbeis aos cambios na calidade da auga, e algunhas especies, como Salvelinus neocomensis e S. profundus, extinguíronse por esta causa.[3]
Alimentación
editarSon peixes carnívoros depredadoras. Aliméntanse de larvas de insectos, insectos adultos, pequenos crustáceos, vermes, peixes e crías destes últimos.
Pesca
editarDebido á calidade da súa carne, moitas especies son moi apreciadas na pesca deportiva, e unhas poucas, como a troita lacustre americana, son obxecto de pesca comercial e da acuicultura. En ocasións, algúns espécimes escapan, converténdose en especies invasoras.
Especies
editarO xénero foi descrito en 1836 polo naturalista escocés John Richardson.[2]
A súa taxonomía, como a de todos os salmónidos, é controvertida. Por exemplo, FishBase, en 2012 recoñecía 51 especies dentro do xénero (inclúense algunhas recentemente extinguidas):[4]
- † Salvelinus agassizi (Garman, 1885)
- Salvelinus albus Glubokovksy, 1977
- Salvelinus alpinus (Linnaeus, 1758) - Troita ártica.[5]
- S. a. alpinus (Linnaeus, 1758)
- S. a. erythrinus (Georgi, 1775)
- S. a. taranetzi (Kaganowsky, 1955)
- Salvelinus anaktuvukensis Morrow, 1973
- Salvelinus andriashevi L. S. Berg, 1948
- Salvelinus boganidae L. S. Berg, 1926
- Salvelinus colii (Günther, 1863)
- Salvelinus confluentus (Suckley, 1859)
- Salvelinus curilus (Pallas, 1814)
- Salvelinus czerskii Dryagin, 1932
- Salvelinus drjagini Logashev, 1940
- Salvelinus elgyticus Viktorovsky & Glubokovksy, 1981
- Salvelinus evasus Freyhof & Kottelat, 2005
- Salvelinus faroensis Joensen & Tåning, 1970
- Salvelinus fimbriatus Regan, 1908
- Salvelinus fontinalis (Mitchill, 1814) - Troita das fontes.[5]
- Salvelinus gracillimus Regan, 1909
- Salvelinus grayi (Günther, 1862)
- Salvelinus gritzenkoi Vasil'eva & Stygar, 2000
- Salvelinus inframundus Regan, 1909
- Salvelinus jacuticus Borisov, 1935
- Salvelinus japonicus Ōshima, 1961 (ás veces incluída en S. leucomaenis)
- Salvelinus killinensis (Günther, 1866)
- Salvelinus krogiusae Glubokovksy, Frolov, Efremov, Ribnikova & Katugin, 1993
- Salvelinus kronocius Viktorovsky, 1978
- Salvelinus kuznetzovi Taranetz, 1933
- Salvelinus lepechini (J. F. Gmelin, 1789)
- Salvelinus leucomaenis (Pallas, 1814)
- S. l. imbrius D. S. Jordan & E. A. McGregor, 1925
- S. l. leucomaenis (Pallas]], 1814)
- S. l. pluvius (Hilgendorf, 1876)
- Salvelinus levanidovi Chereshnev, Skopets & Gudkov, 1989
- Salvelinus lonsdalii Regan, 1909
- Salvelinus mallochi Regan, 1909
- Salvelinus malma (Walbaum, 1792) - Troita do Pacífico.[5]
- S. m. krascheninnikova Taranetz, 1933
- S. m. malma (Walbaum, 1792)
- S. m. miyabei Ōshima, 1938
- Salvelinus maxillaris Regan, 1909
- Salvelinus murta (Sæmundsson, 1909)
- Salvelinus namaycush (Walbaum, 1792) - Troita lacustre americana.[5]
- Salvelinus neiva Taranetz, 1933
- † Salvelinus neocomensis Freyhof & Kottelat, 2005
- Salvelinus obtusus Regan, 1908
- Salvelinus perisii (Günther, 1865)
- † Salvelinus profundus (Schillinger, 1901)
- Salvelinus salvelinoinsularis (Lönnberg, 1900)
- Salvelinus schmidti Viktorovsky, 1978
- Salvelinus struanensis (Maitland, 1881)
- Salvelinus taimyricus Mikhin, 1949
- Salvelinus taranetzi Kaganowsky, 1955
- Salvelinus thingvallensis (Sæmundsson, 1909)
- Salvelinus tolmachoffi L. S. Berg, 1926
- Salvelinus umbla (Linnaeus, 1758)
- Salvelinus vasiljevae Safronov & Zvezdov, 2005
- Salvelinus willoughbii (Günther, 1862)
- Salvelinus youngeri (Friend, 1965)
-
Salvelinus fontinalis
-
Salvelinus malma
-
Salvelinus namaycush
-
Salvelinus umbla
Porén o World Register of Marine Species (2014), só admite estas seis:[2]
- Salvelinus albus Glubokovsky, 1977
- Salvelinus confluentus (Suckley, 1859)
- Salvelinus fontinalis (Mitchill, 1814)
- Salvelinus levanidovi Chereshnev, Skopets & Gudkov, 1989
- Salvelinus namaycush (Walbaum, 1792)
- Salvelinus taranetzi Kaganowsky, 1955
Nota: Para outras clasificacións véxanse as bases de datos indicadas nas ligazóns externas.
Notas
editar- ↑ Sepkoski (2002)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Salvelinus Richardson, 1836 no WoRMS.
- ↑ Red List - Volume 1: Vertebrates (2009) - General assessment for the vertebrate groups Arquivado 23 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2012): Species of Salvelinus en FishBase.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Lahuerta, F. e Vázquez. F. X. (2000), p. 61.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvelinus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salvelinus |
Bibliografía
editar- Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
- Esteve, Manu (2005): "Observations of spawnig behaviour in Salmoninae: Salmo, Oncorhynchs and Salvelinus". Reviews in Fish Biology and Fischeries 15: 1-21.
- Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase.
- Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Sepkoski, Jack (2002): "Osteichthyes", en "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletin of American Paleontology 364: 560. HTML texto completo Arquivado 23 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Lista de especies en FishBase.
- Salvelinus Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Salvelinus no SIIT.
- Salvelinus en ADW.
- Salvelinus no NCBI.