Puglia
Puglia (en fala barese e fala foggiano: Púgghie; en fala salentina: Puia; en franco-provenzal: Poulye; en latín: Apulia) é unha rexión da Italia meridional. Conta con 4.069.869 habitantes e ten a capital na cidade de Bari. Limita ao norte con Molise, ao oeste coa Campania e a Basilicata, ao sur co Mar Xónico e ao norte e leste co Mar Adriático. Comprende as provincias de Bari, Barletta-Andria-Trani, Brindisi, Lecce, Foggia e Tarento. Corresponderíase co tacón da analoxía popular entre a forma de bota e a forma xeográfica de Italia, quere dicir, está no extremo sueste da Península Itálica. Ten unha extensión de 19.358 km², e a capital é Bari.
Epónimo | Apulia (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | Italia | ||||
Capital | Bari | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.029.053 (2019) (208,05 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 19.365,8 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Nicolao de Mira | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Apulia (en) | ||||
• President of Apulia (en) | Michele Emiliano (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Regional Council of Apulia (en) Circunscrición: 6, (Escano: 51) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IT-75 | ||||
Código NUTS | ITF4 | ||||
Identificador ISTAT | 16 | ||||
Páxina web | regione.puglia.it | ||||
Xeografía
editarA Puglia é a rexión máis oriental de Italia. Punta Palascia (en Otranto, no Salento), dista preto de 80 km das costas de Albania e constitúe o punto máis oriental de Italia. O seu territorio é chairo no 53,3%, ten outeiros no 45,3% e montañoso só no 1,5%. Está bañada polo Mar Adriático e o Mar Xónico.
Puglia é unha rexión moi árida. Os principais ríos son o río Fortore, o río Candelaro, o río Cervaro e o río Ofanto. Os seus poucos ríos son torrenciais e no Tavoliere. No resto de lugares, a auga da choiva fíltrase polo leito de calcaria para formar cursos subterráneos de auga que afloran preto da costa. A auga subterránea é polo tanto abondo, e hai moitas covas.
O clima en Puglia é mediterráneo, agás en Tavoliere, onde reviste caracteres de continental. A paisaxe está cuberta de garrigas ou maquias debido a un clima bastante seco provocado polos cálidos ventos procedentes do norte de África e do Levante (tramontana), así como dos fríos e tamén desecantes ventos do nordeste (bóreas). O único lago potable, de onde sae o acueduto pugliese, é o Lago de Occhito situado no lindeiro con Molise (esta escaseza de auga fan habituais as crises hídricas).
División administrativa
editarA rexión da Puglia subdivídese nas seguintes provincias: