Pat Smear
Pat Smear, nado co nome de Georg Ruthenberg nos Ánxeles o 5 de agosto de 1959, é un guitarrista estadounidense, exmembro de bandas como The Germs, Nirvana e Foo Fighters. É tamén coñecido como actor e por copresentar o programa da MTV House of Style coa súa amiga e modelo Cindy Crawford.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1959 (65 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | University High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantautor |
Período de actividade | 1976 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | What? Records (en) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | patsmear.com |
|
Traxectoria
editarPat naceu e medrou en West, nos Anxeles, California. Tiña unha nai afroamericana/nativo-americana e un pai alemán. De adolescente, en 1972, Smear coñeceu a Darby Crash e xuntos formaron The Germs coa baixista Lorna Doom e a batería Dottie Danger (o seudónimo de Belinda Carlisle que formaría despois The Go-Gos).
Carlisle foi substituída por Don Bolles e, en 1979, a banda editou o seu primeiro álbum, GI. Producido por Joan Jett, a gravación considérase hoxe en día un hito na historia do punk rock. The Germs separaríase en 1980 despois de que Crash se suicidase.
Anos 80 e 90
editarPat foi tocar con Nina Hagen, e fixo dous álbums propios en solitario: So You Fell In Love With A Musician e Ruthensmear. Nese tempo Pat recibiu unha oferta para unirse a Red Hot Chili Peppers, en lugar do guitarrista John Frusciante (que deixara a banda), pero rexeitou a invitación. Mentres traballaba en Breakin, Smear fíxose amigo de Courtney Love e en 1993 recibiu unha chamada do seu marido, o líder de Nirvana Kurt Cobain, convidándoo a unirse ao grupo. Pat aceptou immediatamente e fixo o seu primeiro concerto con eles o 25 de setembro de 1993 no Saturday Night Live. Estivo de xira con Nirvana uns seis meses antes da morte de Cobain en abril de 1994, e tamén aparece no seu álbum MTV Unplugged in New York. Tamén tocou durante pouco tempo con Meat Puppets.
Despois do final de Nirvana, o batería Dave Grohl formou a súa propia banda, á que bautizou co nome Foo Fighters. Smear uniuse ao grupo dende o principio, pero debido a que o seu primeiro álbum, Foo Fighters, foi unha colección de demos gravadas unicamente por Grohl, non aparecerá nun traballo da banda ata o álbum de 1997 The Colour and the Shape. Ese mesmo ano, debido ao cansazo, Pat anunciou a súa saída de Foo Fighters durante unha actuación no Radio City Music Hall en Nova York, xusto antes dos MTV Video Music Awards.
Actividades recentes
editarDende a súa saída de Foo Fighters, Smear non estivo moi activo, producindo unicamente o álbum de debut da banda Harlow e facendo pequenas aparicións en televisión.
Máis recentemente foi contratado como asesor creativo nunha película sobre The Germs e Darby Crash, titulada What We Do Is Secret, por unha das cancións máis coñecidas da banda. A película está protagonizada polo actor Rick González.
No 2005 comezou a actuar na reunión de The Germs, xunto co actor Shane West (que interpreta a Darby Crash na película) actuando como vocalista.
En maio do 2006, Foo Fighters anunciou que realizarían uns poucos concertos acústicos a través de Norteamérica. Para sorpresa dos fans, anunciouse que Smear sería uns dos músicos de xira. Aparece tamén coa banda no Tonight Show de Jay Leno de setembro do 2006 e no mesmo escenario que Bob Dylan e The Eagles na festa Genentech's 30th Anniversary. O 21 e 22 de outubro do 2006 tamén se uniu á banda durante catro días para o Bridge School Benefit Concert, organizado por Neil Young.
Discografía
editarCon The Germs
editar- Forming/Sexboy (live) 7", 1977, What? Records
- Lexicon Devil 7" EP, 1978, Slash Records
- (GI) LP, 1979, Slash Records
- The Decline of Western Civilization Soundtrack (live tracks) LP, 1980, Slash Records
- What We Do Is Secret LP, 1981, Slash Records
- Live At The Whisky, First Show Ever LP, 1981, Mohawk/Bomp Records
- Germicide LP, 1985, ROIR
- Germs (MIA) - The Complete Anthology LP, 1993, Slash/Rhino Records
En solitario
editar- So You Fell In Love With A Musician... 1992, SST
- Ruthensmear 1988, SST