Movemento obreiro
O movemento obreiro naceu en forma de asociación de traballadores que pretendían mellorar as condicións sociais e laborais.
Orixe
editarAs primeiras reaccións contra a industrialización foron espontáneas e instintivas, sobresaíndo o ludismo, que era un movemento que estaba en contra das máquinas xa que os obreiros crían que estas eran as causantes do seu desemprego e dos seus escasos salarios.
Amais, apareceron movementos asociacionistas que querían enfrontarse aos patróns. Aínda que en Gran Bretaña, dende 1825, estivesen prohibidas as asociacións obreiras xurdiron os primeiros sindicatos (trade unions) que pretendían conseguir melloras salariais e unha redución da xornada laboral.
O primeiro movemento obreiro ben organizado e cuns obxectivos políticos foi o cartismo, moi popular en Gran Bretaña entre 1838 e 1848 que defendía uns dereitos laborais e políticos na chamada Carta do Pobo (aumentos salariais, redución da xornada laboral, sufraxio universal, voto secreto etc.).
Paralelamente, xurdiron teóricos que criticaban o liberalismo económico e que estaban a prol da solidariedade social. Estas persoas chamáronse socialistas utópicos, dos que destacanː
- Henri de Saint Simon. Propugnou unha organización social por homes sabios e honestos, na que os beneficios se distribuísen equitativamente entre todos os compoñentes da sociedade.
- Robert Owen. Sostivo a creación de colonias xestionadas polos traballadores, e impulsou a primeira gran federación de sindicatos británicos.
- Charles Fourier. Propuxo a creación de falansterios, comunidades nas que o traballo debía distribuírse en función do talento e das inclinacións naturais de cada persoa.
- Pierre Joseph Proudhon. Criticou a propiedade privada do Estado, e defendeu a creación de comunas, polo que se considera precursor do anarquismo.
Primeira Internacional
editarOs dirixentes obreiros pronto entenderon a necesidade de unir a clase obreira mundial. Así, en 1864 constituíuse en Londres a Primeira Asociación Internacional de Traballadores. Porén, as discrepancias xurdidas entre marxistas e anarquistas e a represión dos gobernos, que a consideraban perigosa, provocaron a súa extinción poucos anos despois.
Segunda Internacional
editarEn 1889, os partidos socialistas fundaron en París a Segunda Internacional. Tras longos debates, decidiuse a participación dos partidos obreiros nas eleccións para levar representantes obreiros aos Parlamentos e facer oír a voz da clase traballadora. A II Internacional estabeleceu algúns símbolos do movemento obreiro, como a proclamación do 1 de maio como o Día Internacional do Traballo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Movemento obreiro |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Fernández Bulete, Virgilio (2012). Ciencias Sociais. Historia. 4º ESO. SM Xerme. ISBN 978-84-9854-281-3.