Miguel Ángel Moratinos
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Miguel Ángel Moratinos Cuyaubé, nado en Madrid o 8 de xuño de 1951, é un político e diplomático español.
Traxectoria
editarTras estudar no Liceo Francés de Madrid, licenciouse en Dereito e en Ciencias Políticas. Fala español, francés, inglés, ruso e serbio. Ingresou na carreira diplomática, traballando no Ministerio de Asuntos Exteriores desde 1974 a 1979 como Director para Europa do Leste. Despois estivo destinado na Embaixada de España en Iugoslavia ata 1984, desde onde pasou á de Marrocos ata 1987, momento no que foi nomeado Subdirector Xeral para África do Norte. En 1991 dirixe o Instituto para a Cooperación co Mundo Árabe, converténdose nun especialista en Oriente Próximo, moi respectado tanto por árabes como por israelís,[Cómpre referencia] sendo nomeado Director Xeral de Política Exterior para África Subsahariana e Oriente Medio en 1993, e trala chegada do PP, Embaixador en Israel en 1996 ata que ese mesmo ano, a Unión Europea lle confiou a alta representación da mesma no proceso de paz árabe-israelí, cargo que desenvolveu ata 2003.
En 2004 foi elixido Deputado ó Congreso polo PSOE e foi nomeado por José Luis Rodríguez Zapatero, Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España, sendo unha das súas primeiras misións a retirada española da Guerra de Iraq, o que lle causa suspicacias co goberno dos Estados Unidos de América.[Cómpre referencia] Cesou do seu posto como ministro en outubro de 2010, ao ser substituído por Trinidad Jiménez.
No 2007 Moratinos foi o Presidente da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa.
Distincións
editarEntre as honras máis destacadas que recibiu encóntranse as de:
- Cabaleiro da Orde do Mérito Civil.
- Oficial da Orde de Isabel a Católica.
- Oficial da Orde de Alaouite Ouissan de Marrocos.
- Varias condecoracións en Israel, Países Baixos e Tunisia polo seu labor á fronte do proceso de paz en Oriente Medio
- Doutor Honoris Causa pola Universidade da Valeta, Malta
Predecesor: Ana Palacio |
Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España 2004 - 2010 |
Sucesor: Trinidad Jiménez |