Múridos
Múridos Rango fósil: Mioceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rato castaño (Rattus norvegicus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
Véxase o texto |
Os múridos (Muridae) son unha familia de roedores da suborde Myomorpha. É a maior familia de mamíferos, cunhas 650 especies. A súa distribución orixinal abrangue Eurasia, África e Australia, aínda que agora é cosmopolita pola súa introdución por parte do homo sapiens. Inclúe os ratos e similares.
O nome da familia é ás veces empregado como sinónimo da superfamilia Muroidea, aínda cando representa taxonomicamente un nivel inferior.
Subfamilias
editarOs múridos clasifícanse en cinco subfamilias,[1] que posúen preto de 140 xéneros e 650 especies.
A subfamilia Lophiomyinae (cun único xénero, Lophiomys) é incerta; foi considerada como subfamilia dos Muridae ou os Nesomyidae, e como familia independente (Lophiomyidae); hoxe considérase unha subfamilia da familia Cricetidae.[2]
Notas
editar- ↑ "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Muridae". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2009. Consultado o 07 de xuño de 2012.
- ↑ "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Lophiomyinae". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 07 de xuño de 2012.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Múridos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Múridos |
Bibliografía
editar- Jansa, S. A. and M. Weksler. 2004. Phylogeny of muroid rodents: relationships within and among major lineages as determined by IRBP gene sequences. Molecular Phylogenetics and Evolution, 31:256-276.
- Michaux, J., A. Reyes, and F. Catzeflis. 2001. Evolutionary history of the most speciose mammals: molecular phylogeny of muroid rodents. Molecular Biology and Evolution, 17:280-293.
- Steppan, S. J., R. A. Adkins, and J. Anderson. 2004. Phylogeny and divergence date estimates of rapid radiations in muroid rodents based on multiple nuclear genes. Systematic Biology, 53:533-553.
Ligazóns externas
editar- Muridae en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico.