Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Etimoloxía

editar

No antigo irlandés o nome do festival foi escrito de moitas maneiras ó longo do tempo: Lughnasa, Lughnasad e Lughnassadh. No irlandés actual o mes de agosto é chamado Lúnasa, co festival mesmo sendo chamado Lá Lúnasa. No gaélico escocés actual (Gàidhlig) o nome do festival é Lùnasdal ou Lùnastal.

O Lughnasadh na Wicca

editar

Na Wicca, Lughnasadh é celebrado, e tamén é coñecido co nome de Lammas. Lughnasadh é celebrado entre os neopagáns de moitas maneiras e con diferentes nomes. Como as formas de paganismo poden ser totalmente diferentes e ter diferentes orixes, estas representacións poden variar considerablemente pese ó nome común. Algúns celébrano dunha maneira o máis preto posíbel de como o celebraban os antigos celtas e as culturas célticas actuais mantiveron as tradicións. Outros celebran a festividade con rituais tomados de numerosas outras fontes e a cultura celta é só unha delas.