Lages
Lages é unha cidade brasileira do estado de Santa Catarina localizada na rexión da Serra Catarinense a uns 916 m sobre o nivel do mar. O seu clima é subtropical, con temperaturas máximas no verán de 35 °C e mínimas no inverno que poden chegar a -7,4 °C, coa ocorrencia de xeadas e ata mesmo neve.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Santa Catarina | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 164.981 (2022) (62,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.644,313 km² | ||||
Altitude | 916 m-919 m | ||||
Comparte fronteira con | Bocaina do Sul (pt) Bom Jesus (pt) Campo Belo do Sul (pt) Otacílio Costa (pt) Palmeira (pt) Capão Alto (pt) Painel (pt) São Joaquim Correia Pinto (pt) São José do Cerrito (pt) | ||||
Creación | 1766 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89200-000 | ||||
Prefixo telefónico | 49 | ||||
Código de concello do Brasil | 4209300 | ||||
Sitio web | lages.sc.gov.br |
Economía
editarA economía da cidade baséase na agricultura (principalmente de froitas de clima frío, como a mazá) e gandaría, na industria de celulose, e tamén no turismo, polas súas paisaxes vexetais privilexiadas, o seu clima e a súa vida rural. A estrada que fai a ligazón co litoral é considerada un importante corredor turístico. Eventos como a Festa da Maçã (mazá) e a Festa do Pinhão tamén atraen moitos visitantes.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lages |