Kevin Carter, nado o 13 de setembro de 1960 en Xohanesburgo e finado o 27 de xullo de 1994 no mesmo lugar, foi un reporteiro gráfico surafricano, membro do Bang-Bang Club, que gañou un Pulitzer en 1994 por fotografar un meniño sudanés famélico cun voitre detrás.[1]

Modelo:BiografíaKevin Carter

Kevin Carter
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1960
Xohanesburgo, Suráfrica
Morte27 de xullo de 1994
Xohanesburgo, Suráfrica
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeSurafricana
Actividade
Campo de traballoFotoxornalista Editar o valor en Wikidata
OcupaciónFotógrafo
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata - 1994 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteAllgemeines Künstlerlexikon (pt) Traducir, (p.AKLONLINE (april 2012)) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a súa carreira aos 23 anos (1983), cando poboacións periféricas como Soweto -preto de Xohanesburgo- estaban en guerra. Alí, sendo membro de The Johannesburg Star, fotografou os civís expectantes ante a situación que estaban vivindo.

Pero se Carter é famoso é por unha fotografía que realizou dez anos máis tarde, en 1993. O sudanés Kong Nyong, por aquel entón un neno famélico, encontrábase defecando nas aforas do seu poboado mentres un voitre estaba ao axexo. Carter, que observou a escena, fotografouno. Esperou para tomar unha foto mellor: co voitre abrindo as súas ás, pero non o conseguiu. Segundo el, conseguiu recuperarse e continuar co seu camiño.[2][3] O 26 de marzo de 1993, The New York Times publicou a foto e gañou o Pulitzer. A opinión pública entendeu a foto como unha alegoría do que sucedía no Sudán: Kong era o problema da fame e a pobreza, o voitre era o capitalismo e Carter era a indiferenza do resto da sociedade. A crítica cebouse con el pola súa suposta indiferenza, e intentou xustificarse, alegando que o neno facía as súas necesidades, que a tribo se encontraba a 20 metros del e que o animal esperaba a súa ración de comida. Kong Nyong morreu por febre (dito polos seus pais) en 2008.

Tras isto, pasou de reporteiro a fotógrafo de natureza. Sufriu dous duros golpes: por un lado, a presión da crítica e por outro o asasinato do seu amigo Ken Oosterbroek o 18 de abril de 1994, mentres cubría un tiroteo en Tokoza (Xohanesburgo). Dise que anos antes xa intentara suicidarse, que fumaba "White Pipe" -unha mestura de marihuana, metacualona e barbitúricos-, que tiña graves problemas familiares e unha personalidade algo desordenada -perdía os seus carretes en avións e aeroportos-, que era depresivo e tiña unha vida caótica, cunha manchea de experiencias tráxicas.[4]

O 27 de xullo de 1994, Carter foi a un lugar onde xogaba de pequeno e suicidouse mediante unha mangueira que enganchou no tubo de escape da súa camioneta. Morreu de intoxicación por monóxido de carbono aos 33 anos. Da súa nota de suicidio lese:

"Estou deprimido [...] sen teléfono [...] cartos para o alugueiro [...] cartos para os nenos [...] cartos para as débedas [...] cartos!!! [...] Estou atormentado polos recordos vividos dos asasinatos e os cadáveres e a ira e a dor [...] do morrer de fame ou os nenos feridos, dos loucos do gatillo fácil, moitas veces policías, dos asasinos verdugos [...] Voume unir con Ken, se son eu o afortunado..."
KC

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar