Julien Duvivier

director de cinema francés

Julien Duvivier, nado en Lille o 8 de outubro de 1896 e finado en París o 29 de outubro de 1967 foi un director de cinema francés.

Modelo:BiografíaJulien Duvivier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1896 Editar o valor en Wikidata
Lille, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de outubro de 1967 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière Ancien de Rueil-Malmaison (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0245213 Allocine: 4956 Rottentomatoes: celebrity/julien_duvivier Allmovie: p88534 TCM: 54970
BNE: XX1089603 Musicbrainz: e0205474-834f-4f62-af4e-91dcc0f5653e Find a Grave: 13706910 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Duvivier comezou a súa carreira en 1916 no Théâtre de l'Odéon como actor baixo a dirección de André Antoine.[1] En 1918 pasou á compañía Gaumont como escritor e axudante de directores como André Antoine, Louis Feuillade e Marcel L'Herbier. En 1919 dirixiu o seu primeiro filme.

O seu primeiro grande éxito foi David Golder (1930), que tamén foi o seu primeiro filme falado. Nesa década tamén dirixiu filmes como Pépé le Moko e Un Carnet de Bal.

En 1938 asinou un contrato coa MGM e fixo o seu primeiro filme estadounidense, The Great Waltz. O ano seguinte volveu a Francia, pero durante a segunda guerra mundial dirixiu cinco filmes nos Estados Unidos. Ao acabar a guerra tivo dificultades para retomar a súa carreira en Francia. Porén, continuou a traballar nese país ata o final da súa vida, exceptuando breves períodos en Gran Bretaña (para filmar Anna Karenina, 1948) e en España (por Black Jack, 1950).

No outono de 1967, tras rematar a produción de Diaboliquement vôtre, filme sobre un home que perde a memoria tras un accidente de coche, o propio Duvivier tivo un accidente de tráfico, que lle provocou un ataque ao corazón que acabou a súa vida. Deixou unha filmografía de case setenta filmes.

Filmografía

editar
Ano Título
1919 Haceldama ou le prix du sang
1920 La réincarnation de Serge Renaudier
1922 Les roquevillard
1923 Le reflet de Claude Mercœur
1924 La machine à refaire la vie
1924 Credo ou la tragédie de Lourdes
1924 L'œuvre immortelle
1924 Cœurs farouches
1925 Poil de carotte
1925 L'abbé Constantin
1926 L'homme à l'hispano
1927 Le mystère de la tour Eiffel
1927 Le mariage de Mademoiselle Beulemans
1927 L'agonie de Jérusalem
1928 Le tourbillon de Paris
1929 La Vie miraculeuse de Thérèse Martin
1929 Maman Colibri
1929 La divine croisière
1930 David Golder
1930 Au bonheur des dames
1931 Les cinq gentlemen maudits
1931 Allo Berlin? Ici Paris!
1932 La vénus du collège
1932 Poil de carotte
1933 La Tête d'un homme
1933 Le petit roi
1933 La machine à refaire la vie
1934 Le paquebot Tenacity
1934 Maria Chapdelaine
1935 Golgotha
1935 La Bandera
1936 Le golem
1936 L'homme du jour
1936 La belle équipe
1937 Pépé le Moko
1937 Un carnet de bal
1938 The Great Waltz
1939 La Fin du jour
1939 La charrette fantôme
1941 Lydia
1942 Tales of Manhattan
1943 Flesh and Fantasy
1943 Untel père et fils
1944 The Impostor
1946 Panique
1948 Anna Karenina
1949 Au royaume des cieux
1950 Black Jack
1951 Sous le ciel de Paris
1952 Don Camillo
1952 La Fête à Henriette
1953 Le Retour de Don Camillo
1954 L'affaire Maurizius
1954 Voici le temps des assassins
1957 L'Homme à l'imperméable
1957 Pot-Bouille
1959 La Femme et le Pantin
1959 Marie-Octobre
1960 La Grande vie
1960 Boulevard
1962 La chambre ardente
1963 Le Diable et les Dix Commandements
1963 Chair de poule
1967 Diaboliquement vôtre
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 03 de abril de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar