Irmo
Irmo é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. É un dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien).
Irmo é o seu verdadeiro nome, mais normalmente coñéceselle como Lórien, en referencia aos Xardíns de Lórien nos que habita en Valinor; tamén recibe o apelativo de Mestre dos Soños. Irmo quere dicir Desexador ou Mestre do Desexo. É o esposo de Estë e irmán de Námo (Mandos) e máis Nienna.
Irmo e Mandos son os Fëanturi, os mestres dos espíritos. Irmo, o máis novo, é o mestre das visións e os soños. Os seus xardíns na terra dos Valar, nos que vive xunto a Estë a xentil, sandadora de feridas e cansazo, son o lugar máis fermoso de Arda, e neles habitan moitos espíritos. Todos aqueles que moran en Valinor achan repouso e refrixerio na fonte de Irmo e Estë.
Cando o Sol e a Lúa foron fixados nos seus percorridos, "Varda quixo que as dúas naves viaxasen por Ilmen [1] e permanecesen sempre no alto". Irmo e Estë foron en gran medida responsábeis de que mudase o seu parecer, pois "dixeron que o sono e o descanso foran expelidos da Terra"[2], co cal Varda consentiu en que existise a noite.
Após o nacemento de Fëanor, súa nai Míriel, esposa de Finwë, enfebleceu, e Manwë entregouna aos coidados de Irmo.
Notas e referencias
editar- ↑ Ilmen é o equivalente do Sistema Solar de Tolkien: J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0-04-823139-8, Index, páx. 381
- ↑ J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0-04-823139-8, "Quenta Silmarillion", páx. 115