Flappy Bird
Flappy Bird é un xogo para móbiles de 2013 desenvolto en Hanói polo desenvolvedor de software vietnamita Nguyen Hà Đông (Dong Nguyen) e publicado por GEARS Studios, un pequeno desenvolvedor de xogos independente, tamén con sede en Vietnam. O xogo, publicado o 24 de maio de 2013, foi eliminado da App Store e Google Play polo seu creador o 9 de febreiro de 2014 ás 17:00 (GMT) logo de que o seu creador avisara disto dende a súa conta de Twitter. Ademais de Flappy Bird, Nguyen tamén conta con outros xogos, pero non chegaron a ter o mesmo interese.
Flappy Bird | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Dong Nguyen |
Distribuidora(s) | GEARS Studio |
Versión | 8 de febreiro de 2014 (10 anos) |
Lanzamento | Maio de 2013 |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | iOS, Android |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Éxito e peche
editarTras o éxito de Flappy Bird, o seu creador Dong Nguyen tomou a decisión de eliminar o xogo da App Store e da Google Play. Segundo á declaración inicial elimiou o xogo das tendas móbiles a pesar de gañar o equivalente a $90.000 dólares estadounidenses ao día unicamente có pequeno banner que mostraba a App na parte inferior da pantalla; porque o código fonte foi filtrado ilegalmete a Internet provocando unha multitude de clons.[1] Máis tarde, Dong asegurou nunha entrevista no sitio web da revista Rolling Stones, que a razón principal pola que eliminou o xogo, foi porque:
«Recibín correos electrónicos de fanáticos de Flappy Birds alegando que é moi adictivo, coma o crack, e isto frustaba á xente»
engadiu tamén que, pola contra, a súa intención inicial era
«crear un xogo que as persoas puidesen gozar durande dez minutos, nun contexto de relax, non dedicarlle horas tratando de alcanzar unha puntuaxe superior».
Ademais, supostamente foi demandado pola multinacional de videoxogos Nintendo alegando un posíbel plaxio dos seus deseños, pois os tubos son os mesmos que os de Super Mario Bros.
Trala desaparición do xogo, unha gran cantidade de persoas tentaron vender os seus móbiles co xogo instalado a prezos estratosféricos, ata chegar ao punto de que EBay retirou a poxa de móbiles co xogo, pero ao pouco tempo de desaparecer o xogo unhas poucas, horas despois da súa retirada, volveu ao mercado con gráficos nocturnos e as sombras dos tubos diferentes, pero os cambios non convenceron a Nintendo. Nun correo electónico a The Wall Street Journal, Nintendo nega que se queixaran a Apple das similitudes entre Flappy Bird e Mario Bros.
Notas
editar- ↑ You’ll need a halfway decent idea, of course, but once you’ve got that nailed down, you can easily buy the source code, get an online tutorial on how to use it and within hours have a game ready to play. That explains why 95 of the 300 or so new apps released on Apple’s iTunes store one day last week were riffs on Flappy Bird, the mega-hit its creator pulled at the height of its popularity. There’s Flappy Wings, Splashy Fish, even Crappy Bird. http://www.wired.com/2014/03/flappy-bird-clones/