Euxinia
A euxinia, ou medio euxínico é un ambiente natural anóxico, é dicir, libre de osíxeno ou pobre nel, quee contén sulfuro de hidróxeno (H2S). Estes ambientes ocorren principalmente en corpos de auga e nos seus sedimentos. O sulfuro de hidróxeno pode entrar na auga a través da desgasificación volcánica do interior da Terra, pero máis comunmente é producido na auga pola desulfuración bacteriana do sulfato (SO42−) mediante bacterias redutoras de sulfato.[2][3]
Eventos de extinción masiva como o do Devoniano tiveron que ver con condicións de euxinia.[4]
En xeoloxía, os sedimentos que se depositaron nun ambiente euxínico, é dicir, con pouco osíxeno ou sen osíxeno (anóxico), que contén sulfuro de hidróxeno, denomínanse euxínicos. Estes sedimentos son negros debido á precipitación de sulfuros de ferro (FeS a FeS2) e á carbonización de substancias orgánicas. A través da diaxénese, estes sedimentos poden solidificarse en rochas sedimentarias e logo denomínanse, entre outras cousas, xisto negro ou lutita.
Terminoloxía
editarA palabra euxinia provén do nome latino do mar Negro, Pontus Euxinus ou Euxeinos Pontos, derivado do grego antigo (Εὔξεινος Πόντος, mar hospitalario).[5] [6] Un sedimento euxínico, un lodo (sapropel), deposítase alí en profundidade. O mar Negro é un exemplo clásico de ambiente euxínico debido ás súas capas de auga estratificadas, onde as capas máis profundas son anóxicas e ricas en H₂S.[7]
Notas
editar- ↑ Canfield, D. E. (1998-12). "A new model for Proterozoic ocean chemistry". Nature (en inglés) 396 (6710): 450–453. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/24839.
- ↑ Eckert, Sebastian; Brumsack, Hans-Jürgen; Severmann, Silke; Schnetger, Bernhard; März, Christian; Fröllje, Henning (2013-04). "Establishment of euxinic conditions in the Holocene Black Sea". Geology 41 (4): 431–434. ISSN 1943-2682. doi:10.1130/g33826.1.
- ↑ "What Is Euxinia?". WorldAtlas (en inglés). 2018-01-26. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ Sahoo, Swapan K.; Gilleaudeau, Geoffrey J.; Wilson, Kathleen; Hart, Bruce; Barnes, Ben D.; Faison, Tytrice; Bowman, Andrew R.; Larson, Toti E.; Kaufman, Alan J. (2023-03). "Basin-scale reconstruction of euxinia and Late Devonian mass extinctions". Nature 615 (7953): 640–645. ISSN 1476-4687. PMID 36890233. doi:10.1038/s41586-023-05716-2.
- ↑ A parte Euxinus 'εύξεινος' do termo que significa 'hospitalario' pode ser un eufemismo de aksenos (άξενος). Aksenos significa inhóspito e describiría a dificultade para navegar por alí, debido ás augas e poboacións hostiles. O nome cambiou máis tarde a Efxinus.
- ↑ PontosWorld (2017-02-03). "The term Euxinus Pontus". Pontos World (en inglés). Consultado o 2024-07-22.
- ↑ Meyer, Katja M.; Kump, Lee R. (2008-05-01). "Oceanic Euxinia in Earth History: Causes and Consequences". Annual Review of Earth and Planetary Sciences (en inglés) 36 (1): 251–288. ISSN 0084-6597. doi:10.1146/annurev.earth.36.031207.124256.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |