Diocese
Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados.
Orixe e uso
editarO nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.
Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).
O termo diocese (de uso máis culto, bispado é máis coloquial) é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a Igrexa católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.
En Galiza
editarEn Galiza están os 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela:
- Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias).
- Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias).
- Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias).
- Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias).
- Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias).
Hai ademais na Galiza territorial de administración política cinco arciprestados do oriente da provincia de Ourense que pertencen á diocese de Astorga.
En 1954 varias parroquias do oriente da provincia de Lugo pertencentes á diocese de Oviedo foron transferidas ás dioceses de Lugo e de Mondoñedo.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- arquidiocese de Santiago de Compostela
- diocese de Mondoñedo-Ferrol
- diocese de Tui-Vigo
- diocese de Lugo
- diocese de Ourense
- diocese de Astorga
Ligazóns externas
editar- Arcebispado de Santiago de Compostela
- Diocese de Lugo (algúns en galego e outros en castelán)
- Diocese de Tui-Vigo (uns en galego, outros en castelán)
- Bispado de Mondoñedo-Ferrol (único integramente en galego)
- Bispado de Ourense (en castelán)
- Bispado de Astorga (en castelán) (dentro das de Castela e León)
- Conferencia episcopal (dos bispos) española
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |