Dead Ringers
filme de 1988 dirixido por David Cronenberg
Dead Ringers é unha película dirixida polo canadense David Cronenberg, sendo unha adaptación do libro Twins de Bari Wood e Jack Geasland. Foi coproducida entre Canadá e os Estados Unidos. Na interpretación, a película está protagonizada por Jeremy Irons.
Ficha técnica | |
---|---|
Título orixinal | Dead Ringers |
Director | David Cronenberg |
Produtor | Marc Boyman David Cronenberg |
Guión | Bari Wood & Jack Geasland (novela), David Cronenberg & Norman Snider |
Intérpretes | Jeremy Irons Geneviève Bujold Heidi von Palleske Barbara Gordon Shirley Douglas Stephen Lack Nick Nichols Lynne Cormack |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Peter Suschitzky |
Montaxe | Ronald Sanders |
Estrea | 1988 |
Duración | 115 min. |
Orixe | Canadá Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Sinopse
editarO filme narra a historia de dous doutores en xinecoloxía xemelgos. Elliot e Beverly son distintos, mais complementarios, e necesítanse mutuamente. Dado a súa semellanza suplántanse en reunións, coas mulleres e van vivindo os dous a mesma vida. Aparece logo unha muller, a actriz (na ficción) Claire Niveau que trastornará a súa relación até acabar en traxedia.
Elenco
editar- Jeremy Irons — Beverly e Elliot Mantle.
- Geneviève Bujold — Claire Niveau.
- Heidi von Palleske — Cary.
- Barbara Gordon — Danuta.
- Shirley Douglas — Laura.
- Stephen Lack — Anders Wolleck.
- Nick Nichols — Leo.
- Lynne Cormack — Arlene.
- Damir Andrei — Birchall.
- Miriam Newhouse — Mrs. Bookman.
- Jill Hennessy — Mimsy.
- Jacqueline Hennessy — Coral.