Daniel Vázquez Campo

avogado e político galego

Daniel Vázquez Campo, nado en Chantada o 20 de febreiro de 1894 e finado en Ribadavia o 14 de decembro de 1940, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaDaniel Vázquez Campo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1894 Editar o valor en Wikidata
Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1940 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Ribadavia, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

22 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933
← Juan Tizón

Circunscrición electoral: Lugo
Deputado nas Cortes republicanas

17 de xullo de 1931 – 24 de xullo de 1931 – Manuel Portela Valladares →

Circunscrición electoral: Lugo
Presidente da Deputación de Lugo
1931 – 1932
← José Benito Pardo RodríguezJosé Sánchez Gacio → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosPilar Vázquez Cuesta Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio Vázquez Campo Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos.

Fillo de Daniel Vázquez Bóo. Cursou o bacharelato en Ourense. Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid (1926). Exerceu como avogado en Chantada. Colaborador do periódico Hidalguía e director de La Voz del Agro. Foi un dos promotores da Asociación Republicana de Chantada o 9 de novembro de 1930 xunto con Antonio Noguerol Eyré e Modesto Álvarez Taboada, e o seu primeiro presidente, sendo reelixido en febreiro de 1931,[1] e novamente en 1933. O 10 de marzo de 1930 foi un dos fundadores da Organización Republicana de Lugo, que se uniu á ORGA, e foi presidente da Comisión Xestora da Deputación de Lugo cando se proclamou a Segunda República Española. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola ORGA. Durante a República viviu en Madrid exercendo de avogado de Radial Argentina.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. A súa muller e fillos marcharan uns días antes. Permaneceu na cidade durante toda a guerra. Cando rematou volveu a Galicia, pero preferiu non regresar a Chantada para evitar represalias. Instalouse en Ribadavia,[2] onde tiña unha irmá e tiña previsto abrir un bufete.

Vida persoal

editar

Casou con Modesta Cuesta Gutiérrez, de Medina de Rioseco, en 1925,[3] e foi pai da escritora Pilar Vázquez Cuesta.

  1. El Pueblo Gallego, 26-2-1931, p. 6.
  2. La Región, 7-10-1939, p.2.
  3. La Voz de la Verdad, 25-2-1925, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
José Benito Pardo Rodríguez
  
Presidente da deputación de Lugo
 
1931 - 1932
Sucesor:
José Sánchez Gacio