Conxo, Santiago de Compostela

parroquia civil do concello de Santiago de Compostela

Santa María de Conxo[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 1999, cando tiña 576 habitantes.

Conxo
Hospital provincial.
ConcelloSantiago de Compostela[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°52′03″N 8°33′25″O / 42.8675, -8.55694444
Poboación456 hab. (2022)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Está situada ao suroeste do centro urbano da cidade, á beira do río Sar.

Historia

editar

No castriño de Conxo consérvanse restos do poboado castrexo, e nel hai unha rocha con diferentes petróglifos.

Xa no século X apareceu o núcleo de poboación arredor da Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo. O castelo da Rocha Forte foi construído no século XIII e foi destruído na Gran Guerra Irmandiña.

Trala división territorial de España en 1833 Conxo constituíuse como concello de seu. En 1837 naceu en Cornes a escritora Rosalía de Castro. En 1856 tivo lugar o Banquete de Conxo, ao que asistiron entre outros Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. En 1873 saíu da estación de Cornes o primeiro ferrocarril de Galicia, con destino Carril.

Anexo á igrexa estaba o mosteiro de Santa María, abandonado trala desamortización, e no que o cardeal Miguel Payá creou en 1885 o Hospital Psiquiátrico de Santiago de Compostela. En 1925 o concello de Conxo pasou a formar parte do de Santiago de Compostela.

En 1957 os lugares do Castiñeiriño, O Combarro, O Casal e Outeiro pasaron a formar parte da nova parroquia do Castiñeiriño.[2]

Cultura

editar

Existe unha locución moi común referida a Conxo: Vaiche na misa en Conxo, que se di cando alguén non está, e vai tardar en chegar. Segundo Eladio Rodríguez, a expresión provén de cando foi asasinado o arcebispo Sueiro, en 1366, no contexto duns graves enfrontamentos polos que se ordenou o peche de tódalas igrexas de Santiago. En consecuencia, os composteláns tiñan que ir a misa a Conxo, daquela lonxe da cidade, polo que tardaban moito en ir e volver.[3].

En setembro celebran a festa na honra a San Serapio.[4]

Economía

editar

En Conxo ten a súa sede a multinacional galega das telecomunicacións Televés.

Anoitecer en Santiago dende A Rocha Vella.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Conxo

editar
Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela

Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro

Parroquias de Santiago de Compostela

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar