Chris Amon
Christopher Arthur Amon MBE, nado en Bulls o 20 de xullo 1943, é un expiloto de carreiras neozelandés. Estivo en activo na Fórmula 1 nos anos 1960 e 1970 e é considerado como un dos mellores pilotos de F1 que nunca gañou un Gran Premio. A súa reputación de mala sorte era tal que o seu compañeiro, o piloto Mario Andretti chanceou unha vez dicindo que "se se convertese en enterrador, a xente deixaría de morrer".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1943 Bulls, Nova Zelandia (en) |
Morte | 3 de agosto de 2016 (73 anos) Rotorua, Nova Zelandia |
Causa da morte | cancro |
Educación | Whanganui Collegiate School (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Premios | |
| |
Ademais de pilotar, Chris Amon tamén dirixiu o seu propio equipo de Fórmula Un durante un breve período en 1974. Lonxe da Fórmula Un, Amon tivo certo éxito en carreiras de autos deportivos, gañou as 24 Horas de Le Mans en 1966.
Traxectoria
editarAmon era fillo único dun rico propietario de ovellas, Ngaio Amon. Ao saír da escola, convenceu ao seu pai para que lle comprase un Austin A40 Especial, co que participou nalgunhas carreiras locais menores e hillclimbs, mentres traballaba na granxa familiar.[1] Máis tarde correu cun Cooper de 1´5 litros e logo cun vello Maserati 250F de 2´5 litros, pero só empezou a chamar a atención cando pilotou o Cooper- Climax T51 que Bruce McLaren utilizara para gañar o seu primeiro Gran Premio.[2]
Andaina
editarEn 1962 Amon entrou en Cooper para a serie de inverno de Nova Zelandia, pero viuse obstaculizado por problemas mecánicos. Con todo, participou cun coche similar da Scuderia Veloce e, baixo a choiva en Lakeside, fixo unha boa carreira. Un dos espectadores era o piloto de carreiras Inglés Reg Parnell quen persuadiu a Amon para ir a Inglaterra e correr no seu equipo. En 1963 debutou na Fórmula 1. En 1964 continuou no equipo de Parnell, marchandose a Cooper onde permaneceu ata o ano seguinte, cando foi contratado por Ferrari. En 1966, en dúo con Bruce McLaren vence as 24 Horas de Le Mans. Os anos seguintes continua sen bos resultados na Fórmula 1 a pesar de ser recoñecido como un piloto rápido e de talento. En 1967 vence, en dúo con Lorenzo Bandini as 24 Horas de Daytona e as 1000 Millas de Monza. Sae de Ferrari ao final de 1969. En 1970 corre con March e o ano seguinte pasa para Matra, coche co que consegue a súa única vitoria a bordo dun coche de Fórmula 1: o Gran Premio da Arxentina de 1971 que, por ser unha proba fóra de campionato, non entra nas estatísticas da categoría. En 1973, coa saída da Matra das competicións o ano anterior, Amon acepta o convite de Tecno, mais o coche se mostra moi malo. Crea o seu propio equipo, pero o coche, o Amon F101, a pesar de bo potencial, móstrase pouco fiable. Ao final do mesmo ano, acepta a invitación de BRM e disputa algunhas carreiras coa mesma. En 1975 é contratado por Morris Nunn para desenvolver o coche do seu equipo, o Ensign. O ano de 1975 mostra poucos resultados, mais o ano seguinte comeza animado co 5º lugar en Bélxica e boas perspectivas en Suecia e Inglaterra, onde abandonou por problemas mecánicos. O accidente de Niki Lauda en Alemaña, aquel mesmo ano, fai que rexeite saír e acaba dimitindo de Ensign. Correu as probas finais do campionato a petición de Walter Wolf que comprara un Willians, abandonou definitivamente a Fórmula 1 ao final daquel ano.
Retirada
editarLogo da súa retirada da F1, Amon dedicouse á traballar na granxa familiar no Distrito Manawatu de Nova Zelandia durante moitos anos. Na actualidade está xubilado e vive na cidade xunto ao lago Taupo na Illa Norte de Nova Zelandia. A principios da década de 1980 foi famoso en Nova Zelandia por ser o piloto de probas no programa de televisión Motor Show e máis tarde por aparecer en anuncios de televisión.
Amon participou no deseño para mellorar o circuíto Taupo Motorsport Park. No Festival Automobilístico de Nova Zelandia de 2011, a vida e a carreira de Amón foron honrados cunha selección dos vehículos cos que competiu, tamén se utilizou o evento para recadar fondos para a fundación Bruce McLaren.[3] Amon volverá ser homenaxeado no festival en xaneiro de 2013.[4]
Legado
editarMalia non gañar ningún Gran Premio no campionato de Fórmula Un, Amon gañou oito Grandes Premios fóra de campionato, o Trofeo Internacional de Silverstone, os 1.000 km de Monza, as 24 Horas de Daytona, as Tasman Series e, quizais o máis importante de todos, as famosas 24 Horas de Le Mans (xunto a Bruce McLaren). Moitas destas carreiras atraían outros pilotos de F1 máis exitosos que Amon, a todos os cales foi capaz de superar.
Na Fórmula Un, Chris Amon participou en 96 Grandes Premios, logrando 5 poles, liderou 183 voltas en 7 carreiras, alcanzando 11 veces o podio e anotou un total de 83 puntos no Campionato. Amon ten a marca de ser o piloto de Fórmula 1 que competiu con máis marcas de coches no Campionato do Mundo, con trece.[5] A biografía 'Forza Amon' dá algunhas ideas sobre a súa vida persoal. O libro deixa claro un punto no que o propio Amón está en desacordo coa maioría dos comentaristas, a cuestión da súa mala sorte. Amon sinalou en varias ocasións que competiu durante unha década e media na Fórmula 1 e sobreviviu algúns graves accidentes, en particular en 1976, mentres que outros, incluíndo amigos como Bruce McLaren, sufriu lesións graves ou morreron.
Reflexionando sobre a morte de Jim Clark en 1968, Amon dixo: "Si isto pode pasarlle a Jimmy, ¿que posibilidades temos o resto de nós?, creo que todos o sentimos. Parece que perdemos ao noso líder."[6][7] En 1995, Amon foi incluído no New Zealand Sports Hall of Fame.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados non de campionato
editar(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1963 | Reg Parnell Racing | Lola Mk4A | Climax V8 | LOM |
GLV 5 |
PAU |
IMO |
SIR |
AIN 6 |
INT Ret |
ROM |
SOL Ret |
KAN DNA |
MED |
AUT 4 |
OUL |
RAN |
1964 | Reg Parnell Racing | Lotus 25 | BRM V8 | DMT 5 |
NWT |
SIR 5 |
AIN Ret |
INT 5 |
SOL Ret |
MED 4 |
RAN | ||||||
1965 | Reg Parnell Racing | Lotus 25 | BRM V8 | ROC |
SIR |
SMT |
INT Ret |
MED Ret |
RAN | ||||||||
1967 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312/67 | Ferrari V12 | ROC NTS |
SPC |
INT |
SIR |
OUL |
ESP | ||||||||
1968 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312/67 | Ferrari V12 | ROC 4 |
INT 3 |
OUL 2 | |||||||||||
1969 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312/69 | Ferrari V12 | ROC |
INT 10 |
MAD |
OUL | ||||||||||
1970 | March Engineering | March 701 | Cosworth V8 | ROC |
INT 1 |
OUL | |||||||||||
1971 | Equipe Matra Sports | Matra MS120B | Matra V12 | ARX 1 |
ROC |
QUE 4 |
SPR |
INT 12 |
RIN |
OUL |
VIC | ||||||
1972 | Frank Williams Racing Cars | March 721 | Politoys FX3 Cosworth |
ROC |
BRA |
INT |
OUL |
REP |
VIC Ret | ||||||||
1974 | Chris Amon Racing | Amon AF101 | Cosworth V8 | PRE |
ROC |
INT NTS | |||||||||||
1975 | HB Bewaking Team Ensign | Ensign N175 | Cosworth V8 | ROC |
INT |
SUI Ret | |||||||||||
1976 | Team Ensign | Ensign N174 | Cosworth V8 | ROC 5 |
INT NTS |
Notas
editar- ↑ "Drivers: Chris Amon". grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2011. Consultado o 6 November 2012.
- ↑ Prankard; Paragraph 1
- ↑ "Chris Amon to be honoured at NZ festival". crash.net. 6 January 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2012. Consultado o 30 October 2012.
- ↑ "Festival to pay tribute to Kiwi hero". Pitpass. 6 November 2012. Consultado o 29 November 2012.
- ↑ "Andrea de Cesaris drove ten different types of car in F1. Is this a record?". Ask Steven – ESPNF1.com. Consultado o 23 June 2012.
- ↑ "DRIVERS: JIM CLARK". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2011. Consultado o 29 November 2012.
- ↑ "Jimmy Clark". ddavid.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 29 November 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bruce McLaren Trust Official site – contains numerous articles covering Amon's racing with McLaren
- Trio At The Top – a documentary about Bruce McLaren, Denny Hulme and Chris Amon on NZ On Screen
- Chris Amon 8W-Forix; Tom Prankard; 1 de outubro de 2000
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chris Amon |