Ch é un dígrafo do alfabeto latino empregado en varias linguas para representar diversos sons, cuxo nome é masculino (o ce hache, os ce haches). En galego representa unha consoante africada postalveolar xorda [tʃ].

Ch.

Historia

editar

O dígrafo foi usado por primeira vez en latín dende o século II a.C. para transliterar o son da letra grega khi en préstamos desta lingua. No período clásico, os gregos pronunciábano como unha oclusiva velar xorda aspirada [kʰ]. No grego posclásico (koiné e moderno) este son evolucionou a un fricativo [x]. Dado que o son non se empregaba nas propias palabras latinas (con algunhas excepcións como pulcher 'fermoso', onde o son orixinal [k] foi influenciado por [l] ou [r]), no latín vulgar a pronuncia era [k].