Celestino II, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Celestino II, nado en Citá di Castello e finado en Roma o 8 de marzo de 1144, foi o Papa nº 167 da Igrexa católica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Città di Castello, Italia (pt) |
Morte | 8 de marzo de 1144 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán |
165º Papa | |
2 de outubro de 1143 – 8 de marzo de 1144 ← Inocencio II – Lucio II → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Consagración | Albéric d'Ostie (pt) |
Participou en | |
26 de setembro de 1143 | 1143 papal election (en) |
14 de febreiro de 1130 | Eleição papal de 1130 (pt) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Celestine II. Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Traxectoria
editarDe nome Guido di Castello, foi nomeado cardeal de San Marcos por Honorio II en 1128. En 1140 foi elixido legado pontificio de Inocencio II en Francia, o que lle permitiu coñecer a Pedro Abelardo e converterse en alumno seu e condiscípulo de Arnaldo de Brescia. Esta relación enfrontou ó futuro papa con Bernaldo de Claraval, que lle reprochaba a protección que brindou a Arnaldo.
O acto máis significativo do seu breve pontificado foi a anulación, mercede á intercesión de Bernado de Claraval, da excomuñón que sobre o rei francés Lois VII ordenara Inocencio II.
San Malaquías
editarCelestino II foi o primeiro papa en aparecer nas profecías de San Malaquías, ó que se refire como "Ex castro Tiberis" (Do castelo do Tíber), cita que fai referencia ó seu lugar de nacemento.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |