Bosque do Teixedelo

O bosque do Teixedelo, nome que recibe tanto en galego coma en leonés (Bosque del Tejedelo en castelán), é un bosque de teixos milenarios que se atopa situado na localidade de Requeixo de Seabra, na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia de Zamora.

Modelo:Xeografía físicaBosque do Teixedelo
Imaxe
Localización
División administrativaRequeixo de Seabra, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°01′52″N 6°47′20″O / 42.03111, -6.78886

Esta é unha terra fronteiriza entre o clima mediterráneo e o atlántico, onde as serras Cabreira e Segundeira o separan de León, Galicia e Portugal. Esta singular situación xeográfica fai que o seu clima sexa de transición, entre a Meseta e Galicia, chuvioso (uns 1000 mm de precipitacións medias anuais) e con veráns secos e cálidos (17,1º), e 3,1º de temperatura en inverno.

O Teixedelo encóntrase a 1350 m de altitude, nunha aba cunha pendente do 20%, orientada ao norte. Cérrase ao avesedo dun pequeno canto da serra Gamoneda, dentro dun val entre penas de granito e lousa, escavado polos glaciares dos xeos cuaternarios. Téndese sobre un chan ácido, de pouca materia orgánica.

Este espazo está xestionados pola Xunta de Castela e León e forma parte da Rede Natura 2000. Tamén é unha Zona de especial protección para as aves (ZEPA).

Vexetación

editar

Na actualidade este bosque posúe valiosos exemplares de teixos milenarios, distribuídos en dúas "manchas" principais (visto dende arriba, os teixos xeran unha característica mancha verde que destaca na paisaxe), por unha delas transcorre a ruta turística deste espazo natural. Estas árbores teñen un alto valor ecolóxico, bioxeográfico e cultural, presente en pequenas zonas por España, entre as que sobresae por extensión e antigüidade, esta de Requeixo de Seabra.

Este bosque ten unha grande antigüidade e gozaba dunha grande extensión; porén, a talla de exemplares e os cambios lixeiros no clima, que virou máis seco, e bruscos na temperatura fixeron retroceder a esta especie, non só neste lugar senón tamén a nivel mundial. Os ameneiros e os salgueiro acompañan os regatos que discorren pola contorna, xunto a bidueiro, castiñeiros, acivros, abeleira e cancereixos. Rodeando os teixos encontramos un bosque mesto de cerquiños.

Os teixos ocupan 139 ha dun bosque de máis de 1000 anos de idade, no que conviven os vellos e os seus herdeiros máis novos. Estes vellos exemplares están resgardados por un ambiente fresco e sombrizo, alternando entre o frío e a seca, mais cuberto en moitas ocasións pola néboa.

Corzos, martas e raposos son os mamíferos que se desenvolven neste bosque, aínda que nos últimos anos se observou un forte descenso de exemplares. En canto ás aves podemos encontrar tordos, ferreiriños abelleiros, paporrubios, gaios e noitébregas. Multitude de exemplares máis poboan este bosque e os seus arredores, como a papuxa do mato, o picapeixe, a cotovía pequena ou a escribenta das hortas, así como a aguia real, a cegoña branca e o miñato queimado. Os invertebrado son abundantes na zona, así como pequenos seres que albergan os regueiros, como a ra patilonga ou as larvas de píntega.

Sendeirismo

editar

O camiño comeza ascendendo por riba do val do río Castro, atravesando antigos pasteiros, cubertos de breixos e xestas. Tras eles a costa cesa e o sendeiro intérnase pola carballeira, con abundancia de fento. A ruta transcorre polo río Castro e a Pena do Veladero, onde hai un miradoiro dende o cal se ve gran parte do bosque. Nestas zonas desenvólvense teixos novos entre as demais árbores. No interior do bosque poderemos encontrar os teixos milenarios.

O aproveitamento do bosque en Requeixo era comunal, achegando aos habitantes da zona leña, madeira, alimento e cama para o gando, tinguiduras, lámpadas e menciñas. As ramas servían como protección ante os raios e o mal de ollo (poñéndoas nas casas), así como substituto da oliveira o Domingo de Ramos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar