Bonifacio III, papa

papa

Bonifacio III, nado en Roma e finado en Roma o 12 de novembro de 607, foi o Papa nº 66 da Igrexa católica.

Modelo:BiografíaBonifacio III, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 540 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 607 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
66º Papa
22 de febreiro de 607 – 12 de novembro de 607 (Gregoriano)
← SabinianoBonifacio IV →
Papal apocrisiarius to Constantinople (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Boniface III Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Cataadioce-1

Traxectoria

editar

Fillo de Giovanni Cataadioce, era romano de nacemento, pero grego de orixe. A pesar da relativa brevidade do seu pontificado, contribuíu de modo significativo á organización da igrexa católica.

Sendo diácono, Bonifacio xa chamou a atención de Gregorio I (tamén coñecido como Gregorio o Magno), que o describiu como "de probada fe e carácter" e nomeouno apocrisiario (legado ou nuncio papal) na corte bizantina en 603. Esta foi unha etapa moi importante na vida de Bonifacio, que influiría no seu posterior papado. Como apocrisiario en Constantinopla, logrou gañarse a estima do emperador Focas, e demostrou ser un diplomático excelente, o que foi moi útil ó recomendar a Gregorio Magno que intercedese ante o emperador Focas polo bispo Alcison de Casiopea, illa de Córsega. Alcison alegaba que a súa posición bispal fóralle arrebatada polo bispo Xoán de Euria en Epiro, que fuxira do seu fogar xunto ó seu clero a fin de escapar dos ataques dos eslavos e avarios. Xoán, encontrándose a salvo en Córsega, non estaba contento de servir baixo o bispo Alcison, e conspirou para usurpar a súa autoridade episcopal. Normalmente, este comportamento non sería tolerado, pero o emperador Focas tiña simpatía polo bispo Xoán e preferiu non intervir. Alcison apelou a Gregorio I, que deixou a Bonifacio resolver o problema. Nun golpe de xenialidade diplomática, Bonifacio logrou reconciliar a tódalas partes, mantendo a confianza do emperador.

Á morte do papa Sabiniano en febreiro de 606, Bonifacio foi elixido como sucesor, pero o seu regreso desde Constantinopla a Roma atrasouse durante case un ano. Debateuse moito acerca dese longo interregno; algúns historiadores opinan que a intención era permitir que Bonifacio concluíra o seu traballo en Constantinopla, aínda que moitos máis pensan que isto se debeu a problemas na elección. Crese que Bonifacio insistiu en que a elección papal fose libre e xusta, e que quizais se negou a asumir o cargo pontificio ata convencerse de que así fora.

En calquera caso, unha vez accedeu ó cargo, convocou un concilio en Roma no que efectuou dous cambios importantes no relativo á elección papal, cunha seria intención de manter libres estas eleccións:

  • prohibiu que en vida dun Papa se discutise sobre a súa sucesión, baixo pena de excomuñón.
  • estableceu que non se poderían tomar medidas para a elección dun sucesor ata polo menos tres días despois do enterro do Papa. Estes tres días de dó foron ampliados a nove en 1741 baixo o pontificado de Bieito XIV.

Outra acción notable do seu pontificado resultou da súa corte de relacións co emperador Focas. Buscou e obtivo un decreto de Focas que restaurou "a Visión de que o Bendito Pedro o Apóstolo debe ser a cabeza de tódalas Igrexas". Isto asegurou que o título de "Bispo Universal" pertencese exclusivamente ó bispo de Roma, e terminou co intento do Patriarca Ciríaco de Constantinopla de establecerse con dito título. Aínda que algunhas fontes citan como evidencia que Bonifacio fundou a Igrexa Católica, este decreto simplemente afirmou unha visión proposta desde xa tempo atrás por Xustiniano I, que dera recoñecemento legal á primacía do pontificado romano.

Bonifacio III foi enterrado na Basílica de San Pedro de Roma o 12 de novembro de 607.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.