Bótox

composto químico

O bótox (Botox ®) é un fármaco cunha estrutura de toxina botulínica tipo A.

Estrutura da toxina botulínica

Historia

editar

Algúns investigadores observaron nas súas investigacións nos anos 1950 que ao lle inxectar aos músculos cantidades moi pequenas da toxina botulínica tipo A diminuía a actividade muscular por bloqueo da acetilcolina na función neuromuscular, obtendo un músculo non dado a se contraer durante un período de catro a seis meses.

Alan Scott, oftalmólogo de San Francisco, empregou por primeira vez doses da toxina, para tratar estrabismo, mais precisou un socio para acadar a aprobación regulatoria do seu descubrimento como droga. Allergan Inc., unha pequena compañía farmacéutica que traballaba nas terapias dos ollos e produtos para lentes de contacto, mercou os dereitos da droga no 1988 e recibiu a aprobación da FDA no 1989. Allergan renomeou a droga como Bótox.

Tratamentos

editar

Ademais do seu emprego cosmético, Bótox serve nos tratamentos das:

  • migrañas.
  • distonía cervical (desorde neuromuscular na cabeza e no pescozo).
  • blefaroespasmo (contracción involuntaria do músculo ocular).
  • hiperhidrose severa da axila (suoración extrema).

Outros empregos da toxina botulímica tipo A, non aprobada pola FDA, inclúe:

  • Incontinencia urinaria.
  • Fisura anal.
  • Desordes espásticos asociados con lesións ou enfermidades do sistema nervioso central incluíndo trauma, esclerose múltiple, dano cerebral.
  • Distonía focal nos papos, cara, mandíbula, cordas vocais.
  • Dor temporomandibular.

En abril de 2002 obtivo a aprobación oficial no Estados Unidos para ser aplicado con fins estéticos. As vendas subiron de xeito exponencial.

Ten unha duración temporal: o efecto mantense de 3 a 6 meses. Despois cómpre unha renovación da dose. Posúe, amais, algúns efectos secundarios como reaccións alérxicas, rixidez da face, náuseas.

Elabórase a partir da toxina do botulismo, mais en pequenas proporcións. A fórmula para a súa elaboración é hoxe un segredo. Isto deixou manter o monopolio no desenvolvemento deste fármaco.