Aries
Aries ou Carneiro[1] (símbolo , Unicode ♈) é unha das constelacións do zodíaco; atópase entre as constelacións de Pisces, ó oeste, e Taurus ó leste.
Aries | |
---|---|
Nome latino | Aries |
Abreviatura | Ari |
Xenitivo | Arietis |
Simboloxía | o Carneiro |
Ascensión recta | 3 h |
Declinación | +20° |
Área | 441 graos cadrados
Rango 39° |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
Estrela máis brillante | α Ari (Hamal)
(magnitude ap. 2.0) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −60°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de decembro | |
Estrelas principais
editar- α Arietis (Hamal ou Hamel), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 2,01, unha xigante alaranxada rodeada dun fermoso grupo de estrelas.
- β Arietis (Sheratan), a segunda máis brillante con magnitude 2,64, binaria espectroscópica de cor branca.
- γ Arietis (Mesarthim), de magnitude 3,88 é unha estrela binaria onde as súas dúas compoñentes brancas están separadas 8 segundos de arco. Unha delas é unha estrela lixeiramente variable.
- δ Arietis (Botein), estrela xigante laranxa.
- ε Arietis, estrela binaria onde as súas compoñentes están separadas 1,5 segundos de arco.
- λ Arietis, binaria ampla cunha separación de 37,4 segundos de arco.
- 41 Arietis (Bharani), estrela branco-azulada de magnitude 3,61, aínda que non ten designación de Bayer é a terceira máis brillante da constelación.
- HD 20367, anana amarela cun planeta extrasolar.
- Estrela de Teegarden, anana vermella moi feble a uns 12,6 anos luz da Terra.
- TZ Arietis (Luyten 1159-16), anana vermella e estrela fulgurante tamén próxima ó sistema solar, a 14,5 anos luz.
Obxectos Notables do espazo profundo
editarVisualización gráfica
editarAs estrelas da constelación Aries poden ser conectadas dun forma alternativa, coma graficamente indica o carneiro que está correndo (ou saltando).
A cabeza do cordeiro está formada polas estrelas α Ari, λ Ari, e β Ari: sendo α Ari de segunda magnitude e beta Arietis de terceira magnitude.
O corpo do carneiro consiste nas estrelas α Ari, η Ari, ε Ari, 41 Ari, e 35 Ari: ε Ari e 41 Ari son de cuarta magnitude.
O rabo do carneiro está formado polas estrelas 35 Ari, 41 Ari, e 39 Ari.
A estrela γ Ari, de cuarta magnitude, representa as patas de adiante, e a estrela δ Ari, tamén de cuarta magnitude, representa as patas de atrás.
Mitoloxía
editarFrixo e Hele son fillos de Atamante, rei de Tesalia e de Néfele. Tras quedar viúvo, Atamante volta a casar con Ino. Anos despois o reino sofre unha etapa de fames e a raíña decide sacrificar ós irmáns para rematar con esa desgraciada época. Hermes salva ós nenos entregándolles un carneiro alado, coa lá ou vélaro de ouro, e dotado do don da fala. Os nenos parten enriba del rumbo a Asia, salvando a vida. Durante a viaxe Hele cae ó mar e afoga, dando o seu nome a esa rexión mariña, que pasará nomearse Helesponto. Frixo chega á Cólquida, onde o seu rei Eeteso adopta e concedelle en matrimonio a súa filla Calcíope.
En agradecemento a Eetes, Frixo sacrifica o carneiro e ofrécelle o vélaro ó rei, quen o consagra a Ares e cólgao dunha anciña nun bosque adicado ó deus, gardado por un descomunal dragón e rodeado por campos onde pastan enormes touros salvaxes.
Segundo algúns, Aries é unha constelación de pouco brillo porque o vélaro de ouro do carneiro ficou na Cólquida.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aries |