Un afialapis[1] ou aguzalapis[2] é unha ferramenta que se utiliza para afiar lapis. Poden ser manuais ou eléctricos.

Afialapis.

A primeira patente de afialapis data de 1828 obra do matemático francés Bernard Lassimone, mais o primeiro afialapis manual foi feito por Therry des Estwaux en 1847.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para afialapis.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aguzalapis.