Acuicultura de salmónidos

O cría comercial do salmón ou salmonicultura é un tipo de acuicultura enfocada na produción de peixes da familia dos salmónidos (Salmonidae). Ao ser peixes anádromos deben pasar durante o seu ciclo de vida por etapas de auga doce e auga salgada. O salmón, xunto coa carpa, son as especies de peixe máis importante para a acuicultura. No ano 2007, os viveiros de salmón e troita produciron ingresos duns 10,7 billóns de dólares. A especie de salmón máis cultivada e o salmón atlántico. Outras especies cultivadas son a tilapia, peixe gato, robaliza, dourada e a troita.

Viveiro de salmón en Finlandia

A produción acuícola do salmón multiplicouse por 10 entre 1982 e 2007. Os principais produtores de salmón son Noruega co 33 %, Chile co 31 %, e outros países europeos co 19 %.[1]

Na actualidade[cando?] existe moita controversia sobre os impactos que esta práctica intensiva ocasiona na saúde e no medio ambiente.[Cómpre referencia] Existe tamén preocupación sobre o impacto nas poboacións de salmón ceibes e na vida mariña en xeral.[Cómpre referencia]

Métodos

editar
 
Viveiros de salmón en Escocia
 
Ovas de salmón fertilizadas; véxase o desenvolvéndose do ollo e da columna vertebral
 
Ova de salmón abríndose. Nunhas 24h será un alevín sen o saco da xema

A acuicultura do salmón é a cría e recolección do salmón baixo condicións controladas. O salmón de viveiro diferénciase do salmón salvaxe, o cal é capturado empregando técnicas de pesca comerciais.

Os métodos da cría do salmón orixináronse a finais do século XVIII. A finais do século XIX xa había viveiros implantados en Europa e Norteamérica. A finais da década de 1950, os programas de melloras da poboación baseados en piscifactorías establecéronse nos Estados Unidos, Canadá, Xapón e URSS. A técnica contemporánea que emprega gaiolas flotantes orixinouse en Noruega a finais da década de 1960.[2]

Os salmóns adoitan ser criados en dúas fases. Primeiro, os alevíns de salmón son criados en tanques en terra firme. Cando teñen entre 12 e 18 meses, os alevíns trasládanse a gaiolas flotantes ou redes ancoradas en rías ou fiordes abrigados. Este método de cría nun ambiente mariño coñécese como maricultura. Alí son alimentados con pensos entre 12 e 24 meses, cando son colleitados.[3]

Noruega produce o 33% do salmón criado no mundo, séguelle Chile co 31% da produción.[1] As costas destes país teñen temperaturas axeitadas e costas protexidas das treboadas. Asemade Chile é produtor de forraxe de peixe para alimentar a acuicultura do salmón. Escocia e o Canadá son tamén produtores significantes.[4]

Os sistemas modernos de cría de salmón son intensivos e non adoitan pertencer a operadoras de pequena escala. Estas adoitan estar baixo o control de corporacións de agroindustriais, liñas de produción a escala industrial que producen produtos estandarizados. No ano 2003, case a metade do salmón producido no mundo producíase en tan só 5 compañías.[5]

Viveiros de incubación

editar

Unha alternativa ao método de incubación en tanques é o emprego de canles de desove. Estas son correntes artificiais, normalmente paralelas a unha corrente existente adoitan ter fondo de frave e forma de zig-zag. A auga da corrente adxacente extráese cara ao comezo da canle, ás veces a través dunha poza de cabeceira para asentar os sedimentos. O éxito do desove adoita ser moito máis exitoso nas canles cá nas correntes normais xa que as enchidas do río poden levar consigo as postas. Debido á falta de crecidas, as canles de desove deben ser lavadas cada certo tempo co fin de extraer os sedimentos. Nas correntes naturais, as crecidas son as encargadas de exercer esta función. As canles de desove preservan a selección natural das correntes naturais xa que, ao contraio cá nos viveiros, non se empregan produtos químicos profilácticos para controlar as enfermidades.

Gaiolas mariñas

editar
 
Gaiolas mariñas en Noruega

As gaiolas mariñas, adoitan estar feitas de mallas enmarcadas por barras de aceiro ou PVC. Poden ser cadradas ou circulares, de 10 e 32 metros e 10 metros de profundidade, con volumes de entre 1 000 e 10 000 metros cúbicos. Unha gaiola mariña pode conter até 90 000 peixes.

Ás veces poden situarse separadas, mais normalmente xúntanse formando as chamadas granxas mariñas cun peirao flotante e corredores ao redor das gaiolas. Redes adicionais poden rodear a granxa para escorrentar os mamíferos mariños que poden danar as gaiolas. As densidades de peixe roldan entre os 8 e 18 kg por metro cúbico para o salmón atlántico e entre 5 e 10 kg por metro cúbico para o salmón chinook.[3][6]

En contraste aos sistemas pechados, as gaiolas abertas de salmón teñen menores custos de protección, porén, non achegan unha barreira de protección para o descargo dos desperdicios, parasitos e enfermidades das augas costeiras circundantes.[5] O salmón de viveiro nas gaiolas abertas pode fuxir ao hábitat aberto, por exemplo, durante as treboadas. Isto fai que as enfermidades e algúns crustáceos mariños invadan as granxas.[3]

Actualmente a acuicultura está a empregar os mesmos métodos de cría de salmón noutras especies de peixes carnívoros coma o bacallau, atún vermello e fletán. Porén, é probable que a cría destes peixes produza os mesmos incovenientes medioambientais que a cría do salmón.[5][7]

Alimentación

editar
 
Pesca de cerco

Os salmóns son carnívoros e son actualmente alimentados con produtos desenvoltos a partir doutros peixes e organismos mariños. Consecuentamente, co crecemento do cultivo do salmón, medra tamén a demanda doutros peixes para alimentalos. Estase traballando para substituír as proteínas de orixe vexetal por outras de orixe animal na dieta do salmón. Porén, desafortunadamente isto resulta nuns menores niveis do altamente valorado omega-3 contidos nos peixes criados. Para contrarrestar isto, máis do 50% da produción de aceite de peixe emprégase para alimentar aos salmóns.[1] Os salmóns de viveiros son alimentados cos carotenoídes astaxantina e canthaxantina, para que a cor da súa pel sexa igual á dos salmón salvaxe.[8] En seco, necesitaríanse entre 2 e 4 kg de peixe salvaxe para producir un kg de salmón de granxa.[9]

Recolección

editar

Un método común de recolección do salmón é empregando unha rede de cerco. A rede de cerco é unha rede con pesos na súa parte inferior, esta rede é colocada ao redor dun cardume e un cabo profundo poder ser puxado para formar un saco onde todo o peixe fica aprisionado. Antes de matar ao peixe, este é asfixiado en auga saturada en dióxido de carbono. Logo son desangrados cortando os arcos branquiais e inmediatamente meténdoos en auga xeada. Os métodos de recolección e mata son deseñados para producir ao peixe o mínimo estrés, prexudicial para a calidade da carne do peixe.[6]

Salmón salvaxe vs salmón de viveiro

editar

O salmón salvaxe é capturado en hábitats salvaxes empregando técnicas da pesca comercial. A meirande parte dos salmóns salvaxes son pescados en Rusia, Norteamérica e o Xapón. A seguinte táboa ensina as mudanzas na produción de salmón salvaxe e de viveiro nos derradeiros 25 anos, segundo FAO.[10]

Produción de salmón en toneladas segundo especie
1982 2007
Especie Salvaxe Granxa Salvaxe Granxa
Salmón atlántico 10 326 13 265 2 989 1 433 708
Troita arco da vella 171 946 604 695
Salmón coho 42 281 2 921 17 200 115 376
Salmón chinook 25 147 8 906 11 542
Salmón rosado 170 373 495 986
Salmón do pacífico 182 561 303 205
Salmón vermello 128 176 164 222
Produción total do salmón
1982 2007
toneladas percentaxe toneladas porcentaxe
Salvaxe 558 864 75 992 508 31
Viveiro 188 132 25 2 165 321 69
Total 746 996 3 157 831

Especies

editar

Salmón atlántico

editar
 
Salmón atlántico (Salmo salar)

Nas correntes fluviais atlánticas, o salmón atlántico é un prezado peixe recreativo, covizado polos pescadores durante as súas remontadas anuais. Tempo atrás, o salmón mantivo unha importante industria pesqueira comercial. Porén, actualmente considérase ao salmón atlántico salvaxe comercialmente morto; a sobrepesca e a destrución dos seus hábitats fixeron que o salmón salvaxe constitúa só o 0,5% do salmón atlántico comercializado. O resto provén principalmente de viveiros de Chile, o Canadá, Noruega, Rusia, o Reino Unido e Tasmania en Australia.[11]

O salmón atlántico é, de lonxe, a especie máis empregada para a práctica da acuicultura. É doada de manter, medra ben nas gaiolas mariñas, mantén un bo prezo no mercado e adáptase ben aos viveiros localizados en hábitats foráneos.[2]

Os machos e femias adultos son anestesiados. Os ovas e esperma son extraídos, despois de ser limpados os peixes. Logo, as ovas e mais o esperma son lavados e levados á auga. Os adultos son recuperados en augas limpas e osixenadas.[12] Algúns científicos están traballando na criopreservación das ovas.[13]

Os alevíns son xeralmente criados en grandes tanques de auga doce durante 12 ou 20 meses. Unha vez o peixe chega á fase xuvenil, son levados aos viveiros mariños onde son mantidos durante dous anos. Durante este tempo o peixe medra e chega á madurez.[11]

Xeralmente, as gaiolas dos salmóns atópanse envoltas por dúas redes. Unha interior, suxeita á gaiola, mantén aos salmóns controladas. A outra, exterior, está suxeita por flotadores e ten coma fin escorrentar os depredadores dos salmóns.[12]

Aínda así, son moitos os salmóns atlánticos que conseguen ceibarse das gaiolas. Estes salmón que conseguen fuxir, se se reproducen contribúen a minguar a diversidade xenética da especie salvaxe o que contribúe a baixar as taxas de supervivencia, e o número de capturas. Na costa oeste de Norteamérica, os salmóns non nativos constitúen unha ameaza, especialmente en Alasca e partes do Canadá, xa que compiten polos recursos cos salmóns nativos. Co fin de previr esta ameaza, actualmente estanse a levar a cabo esforzos para mellorar os viveiros desta especie en tódolos lugares onde se cría.[14]

Froito destas fuxidas, atopáronse salmóns de viveiro remontando os cursos fluviais da costa pacífica da Columbia Británica, na costa oeste canadense.

A nivel mundial, no ano 2007, producíronse 1 433 708 toneladas de salmón atlántico cun valor de 7 578 billóns de dólares.[15]

En Galicia
editar

Galicia converteuse en pioneira en España na cría do salmón, porén, no ano 2005 paralizouse a cría deste peixe debido ás súas complicacións.[16] No ano 2009, a Consellería do Mar autorizou a posta en marcha dunha iniciativa experimental que consistía en instalar unha serie de gaiolas nas proximidades da illa da Rúa, situada no concello coruñés de Ribeira. Ante este novo proxecto, membros da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra iniciaron unha serie de mobilizacións para que a consellería retirase estas gaiolas de cría de salmón do concello e renunciase ao seu traslado ás inmediacións da illa de Ons, onde a consellería pretendía recolocalas. Entre as argumentacións que obxectaron están os posibles efectos que poidan ter o uso de insecticidas e antibióticos na fauna e flora nativas da zona e a aparición doutras especies foráneas procedentes doutras latitudes, ademais dos efectos que poidan causar nas confrarías do lugar e as de Vigo, A Guarda, Pontevedra, Aguiño e Portosín que empregan esta zona.[17]

Troita salmón

editar
 
Troita arco da vella
 
Macho de troita arco da vella en fase oceánica

En 1992 a troita arco da vella (Salmo gairdneri), foi reclasificada coma un verdadeiro salmón co nome de Oncorhynchus mykiss. A troita arco da vella posúe dúas formas diferentes, unha anádroma e outra non-anádroma. A forma anádroma, que emigra dos lagos e ríos ao océano, é coñecida coma troita oceánica ou troita salmón, mentres que a forma non anádroma, que pasa a meirande tempo da súa vida en auga doce coñécese como troita arco da vella.

A troita salmón críase en moitos países do mundo. Dende a década de 1950 a súa produción medrou exponencialmente, particularmente en Europa e recentemente en Chile. A nivel mundial, no ano 2007, 604 695 toneladas foron producidas cun valor de 2 589 billóns de dólares.[18] O meirande produtor é Chile. En Chile e Noruega, a produción dos viveiros mariños expandiuse principalmente para suplir a demanda externa. A produción interna para suplir aos mercados domésticos medrou fortemente en países como Italia, Francia, Alemaña, Dinamarca e España. Outros países con producións significantes son os Estados Unidos, Irán, Alemaña e o Reino Unido.[18]

A troita salmón ten unha tenra e suave carne, cun sabor amendoado. A carne da troita salmón é rosada coma a doutras especies de salmón, e máis saborosa que a clara carne da troita arco da vella.[19] As dúas son apreciadas polo consumidor. Porén, as troitas de viveiros e aquelas pescadas en certos lagos teñen un pronunciado sabor a penso que moita xente atopa pouco atractivo; moitos consumidores tenta asegurarse de ante man cal é a orixe do peixe antes de mercalo. As troitas salmón salvaxes teñen unha dieta camaróns, insectos, e caranguexos de río. A troita salmón é especialmente vulnerable á enfermidade entérica da boca vermella. Porén, esta enfermidade non afecta aos humanos.[20]

Coho salmon

editar
 
Macho na fase oceánica do salmón coho

O salmón coho[6] é o animal estatal da prefectura de Chiba, no Xapón.

O salmón coho chega á súa fase madura despois de ficar un ano no mar.[6]

A nivel mundial, no ano 2007, 115 376 toneladas de salmón coho de viveiro foron producidas cun valor de 456 millóns de dólares.[21] Chile, co 90% da produción mundial, é o principal produtor mundial seguido polo Xapón e o Canadá.[6]

Cronoloxía

editar
  • 1527: A vida do salmón atlántico é descrita por Hector Boece da Universidade de Aberdeen, Escocia.[22]
  • 1763: Os primeiros ensaios de feritilización do salmón atlántico teñen lugar en Alemaña. Máis adiante biólogos intenta refinalos en Francia e Escocia.[22]
  • 1854: Constrúense pozas de desove e cría de salmón no banco do río da piscifactoría de Dohulla, Ballyconneely, Irlanda.[23]
  • Finais 1800: Empréganse viveiros de salmón en Europa, Norteamérica e o Xapón para apoiar as poboacións salvaxes.
  • Finais 1960: Establécense as primeiras granxas de salmón en Noruega e Escocia.
  • Comezos de 1970: Establécense as primeiras granxas de salmón en Norteamérica.
  • 1975: Gyrodactylus, un pequeno parasito monoxenético, espállase dos viveiros noruegueses ás poboacións salvaxes, esnaquizando algunhas poboacións salvaxes.[24]
  • Finais 1970: Establécense granxas de salmón en Chile e Nova Zelandia.
  • 1984: A anemia infecciosa do salmón, unha enfermidade vírica, descóbrese nunha granxa norueguesa. O oitenta porcente dos peixes infectados morren.
  • 1985: Establécense granxas de salmón en Australia.
  • 1987: Péscanse os primeiros salmóns atlánticos de granxa nos caladoiros do océano Pacífico.
  • 1988: Unha treboada provoca a fuxida de millóns de salmóns nas illas Feroe.
  • 1989: A Furunculose, unha enfermidade bacteriana, espállase a través dos salmóns de granxa noruegueses ás poboacións salvaxes.
  • Comezos 1990: Unha especie de crustáceo copépodo das atopado nas granxas de salmón atlántico infecta as poboacións de troita mariña de Irlanda, resultando no colapso dos seus caladoiros.
  • 1996: A produción mundial de salmón de viveiro supera á de salmón salvaxe.
  • 2007: Unha masa de 10 km² da medusa Pelagia noctiluca destrúe unha granxa de 100 000 salmóns en Irlanda do Norte.[25]
  1. 1,0 1,1 1,2 The state of the world fisheries and aquaculture 2008. Roma: FAO Fisheries and Aquaculture Dept. 2009. ISBN 9789251060292. OCLC 316802545. 
  2. 2,0 2,1 Knapp Gunnar; Roheim Cathy A.; Anderson James L. (2007). The Great Salmon Run: Competition Between Wild And Farmed Salmon (PDF) (Informe). World Wildlife Fund. ISBN 0-89164-175-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2017. Consultado o 09 de novembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Sea Lice and Salmon: Elevating the dialogue on the farmed-wild salmon story Arquivado 14 de decembro de 2010 en Wayback Machine. Watershed Watch Salmon Society, 2004.
  4. WWF: Aquaculture: Salmon Retrieved 9 Maio 2010.
  5. 5,0 5,1 5,2 Seafood Choices Alliance (2005) It's all about salmon Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 FAO: Cultured Aquatic Species Information Programme: Oncorhynchus kisutch (Walbaum, 1792) Roma.
  7. Naylor, RL (2005) "Search for Sustainable Solutions in Salmon Aquaculture" Stanford University.
  8. "Pigments in Salmon Aquaculture: How to Grow a Salmon-colored Salmon". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 08/05/10. Astaxanthin (3,3'-hydroxy-β,β-carotene-4,4'-dione) is a carotenoid pigment, one of a large group of organic molecules related to vitamins and widely found in plants. In addition to providing red, orange, and yellow colors to various plant parts and playing a role in photosynthesis, carotenoids are powerful antioxidants, and some (notably various forms of carotene) are essential precursors to vitamin A synthesis in animals. 
  9. Naylor, Rosamond L. "Nature's Subsidies to Shrimp and Salmon Farming" (PDF). Science; 10/30/98, Vol. 282 Issue 5390, p883. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2009. Consultado o 09 de maio de 2010. 
  10. FAO: Species fact sheets Rome.
  11. 11,0 11,1 Heen, K (1993). Salmon Aquaculture. Halstead Press. 
  12. 12,0 12,1 Sedgwick, S (1988). Salmon Farming Handbook. Fishing News Books LTD. 
  13. N. Bromage (1995). Broodstock Management and Egg and Larval Quality. Blackwell Science. 
  14. Mills, D (1989). Ecology and Management of Atlantic Salmon. Springer-Verlag. 
  15. FAO: Species Fact Sheets: Salmo salar (Linnaeus, 1758) Rome. Accessed 7 May 2010.
  16. "Galicia volve intentar o cultivo de salmón nas súas augas interiores". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 09 de maio de 2010. 
  17. "Pontevedra, en pé de guerra polas gaiolas de cría de salmón". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 09 de maio de 2010. 
  18. 18,0 18,1 FAO: Species Fact Sheets: Oncorhynchus mykiss (Walbaum, 1792) Rome. Accessed 7 May 2010.
  19. "Your Christmas Steelhead". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2010. Consultado o 08 de maio de 2010. 
  20. "LSC - Fish Disease Leaflet 82". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2009. Consultado o 08 de maio de 2010. 
  21. FAO: Species Fact Sheets: Oncorhynchus kisutch (Walbaum, 1792) Rome. Accessed 9 May 2009.
  22. 22,0 22,1 Knapp G, Roheim CA and Anderson JA (2007) Chapter 5: The World Salmon Farming Industry in The Great Salmon Run, Report of the Institute of Social and Economic Research, University of Alaska Anchorage. ISBN 978-0-89164-175-0.
  23. History of Ballyconneely from earliest settlers to the present day Arquivado 27 de marzo de 2009 en Wayback Machine. connemara.net. Retrieved 26 May 2009.
  24. Stead, S. M. and Laird L. M. (2002) Handbook of salmon farming, p. 348, Birkhäuser. ISBN 978-1-85233-119-1
  25. "Billions of jellyfish wipe out salmon farm". MSNBC. November 21, 2007. Consultado o 8 de maio de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar