AJ Auxerre
A Association de la Jeunesse Auxerroise, máis coñecido como AJ Auxerre ou simplemente Auxerre, é un club de fútbol francés da cidade de Auxerre, na Borgoña. Foi fundado en 1905 e actualmente compite na Ligue 2, logo de descender na tempada 2011–12.
Auxerre | |||
---|---|---|---|
Nome | Association de la Jeunesse Auxerroise | ||
Alcume(s) | Marines et blancs Les Girondins | ||
Fundación | 1905 | ||
Estadio | Stade de l'Abbé-Deschamps, Auxerre, Francia | ||
Inauguración | 1918 | ||
Capacidade | 24.493 | ||
Presidente | Guy Cotret | ||
Adestrador | Cédric Daury | ||
Liga | Ligue 2 | ||
2015–16 | 8.º | ||
Na rede | |||
http://www.aja.fr/ | |||
| |||
Historia
editarO AJ Auxerre foi fundado o 29 de decembro de 1905 polo Abade Ernest Deschamps. O Auxerre empezou sendo un club polideportivo no que había diferentes seccións. A sección de fútbol creouse en 1906.
En 1980 o equipo debuta na Ligue 1 francesa. En 1994 o Auxerre consegue o seu primeiro título, a Copa de Francia.
Auxerre é un club moi particular pola súa historia, a súa pequena cidade, o seu estilo de xogo, non moi similar ao resto de clubs franceses. O antigo xogador do Auxerre Éric Cantona, saído da canteira do equipo, declarou sobre o seu antigo club : "Francia non merece o Auxerre, Inglaterra sen dúbida pero non Francia"
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.
Estadio
editarO Auxerre xoga no Stade de l'Abbé-Deschamps fundado o 13 de outubro de 1918 co nome de Stade de la Route de Vaux. En 1950 o estadio cámbiase o nome polo actual en honra ao fundador do club, que acababa de falecer ese ano. O estadio ten unha capacidade de 23 467 persoas.
Datos do club
editar- Tempadas na Ligue 1: 25
- Tempadas na Ligue 2: 7
- Mellor posto na liga: 1º (tempada 1995/96)
- Peor posto na liga: 15º (tempada 1981/82)
- Maior goleada conseguida:
- En campionatos nacionais: Auxerre 8 - 0 Sète (Ligue 2, tempada 1976/77)
- En torneos internacionais: Nea Salamina (Chipre) 1 - 10 Auxerre (Intertoto tempada 1997/98)
- Maior goleada encaixada:
- En campionatos nacionais: Mónaco 7-0 Auxerre (Ligue 1 tempada 81-82)
- En torneos internacionais: CSKA Moscova (Rusia) 4 - 0 Auxerre (Copa de Europa tempada 2004/05).
- Máximo goleador: Andrzej Szarmach (94 goles)
- Máis partidos disputados: Martini Bruno (322 partidos de Ligue 1)
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Ligue 1 (1): 1995/96
- Ligue 2 (1): 1980
- Copa de Francia (4): 1994, 1996, 2003, 2005
- Supercopa de Francia (1): 1996
- Liga de Borgoña (1): 1970
- Liga de Borgoña FGSPF (9): 1906, 1907, 1908, 1909, 1910, 1911, 1912, 1913, 1914
- Copa dos Alpes (2): 1985, 1987
- Copa Gambardella (6): 1982, 1985, 1986, 1993, 1999, 2000
Torneos internacionais
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en francés)
- Historia do equipo (en francés)