A-Plus
Adam Carter (A-Plus), nado en Denver (Colorado) o 10 de maio de 1974, é un rapeiro e produtor estadounidense. É un dos catro membros do grupo Souls of Mischief e, polo tanto, tamén parte do colectivo Hieroglyphics.
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1974 (50 anos) Denver, Estados Unidos de América |
Outros nomes | A-Plus |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro, cantante |
Período de actividade | 1991 - |
Xénero artístico | Música hip hop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Hieroglyphics Imperium Recordings (en) |
Biografía
editarNaceu no seo dunha familia de inmigrantes xamaicanos. Aos 5 anos múdase coa familia a Oakland (California), onde coñeceu nun futuro ao resto dos membros do seu grupo.
En 2005, A-Plus lanza un álbum de remixes titulado Pleemix, Vol. 1, mediante a discográfica Hieroglyphics Imperium Recordings.
O día 1 de maio de 2007 edita o seu primeiro disco en solitario titulado My Last Good Deed, tamén mediante Hieroglyphics Imperium Recordings. O primeiro single do seu debut en solitario titúlase "Patna Please".