Ōsaki
Ōsaki (大崎市, おおさきし, Ōsaki-shi) é un concello da prefectura de Miyagi no Xapón. Está situado no centro da rexión de Tōhoku e no centro-noroeste da prefectura, ao noroeste da illa de Honshū. Ten 796,76 km² de superficie, unha poboación de 135.834 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 170 h/km².
大崎市 (ja) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Miyagi | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 127.135 (2021) (159,55 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 796,81 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 31 de marzo de 2006 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Sakata (1982–) Taitō (1984–) Konan-ku (en) (1990–) Middletown (pt) (1990–) Tajiri (pt) (1991–) Yuza (pt) (1992–) Jinshui District (en) (1994–) Dublin (pt) (1998–) Uwajima (1999–) Tōbetsu (pt) (2000–) | ||||
Páxina web | city.osaki.miyagi.jp |
O concello de Ōsaki limita cos concellos de Kurihara, Tome, Wakuya, Misato, Matsushima, Ōsato, Ōhira, Shikama, Kami (que son da prefectura de Miyagi); de Mogami (que é da prefectura de Yamagata); e Yuzawa (este último é da prefectura de Akita).
Historia
editarA cidade de Ōsaki foi fundada pola fusión do concello da cidade de Furukawa, 3 de vilas do distrito de Shida (Sanbongi, Matsuyama e Kashimadai), 2 de vilas do distrito de Tamatsukuri (Iwadeyama e Naruko) e un de vila do distrito de Tōda (Tajiri) no ano 2006.