Suecia(en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar) é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega, ao norte e leste con Finlandia e ao suroeste con Dinamarca, polos estreitos de Skagerrak, Kattegat e Öresund, onde se atopa a ponte homónima que o conecta ambos países. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
É membro da Organización das Nacións Unidas e pertence a outras organizacións internacionais como o Consello de Europa, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e do Consello Nórdico. Ademais dende o 1 de xaneiro de 1995 pertencente á Unión Europea, sendo o terceiro estado membro máis grande dela e o quinto de Europa, o que xunto cunha poboación de pouco máis de nove millóns de habitantes, supón unha das menores densidades de poboación do mundo. Con todo a meirande parte dos suecos vive na parte sur do país, vivindo ademais o 85% deles en zonas urbanas. A capital é Estocolmo, sendo ademais a cidade máis poboada, chegando aos dous millóns de habitantes na súa área metropolitana. As dúas seguintes cidades máis poboadas son Gotemburgo e Malmö.
Os habitantes de Suecia gozan dun alto nivel de vida, e é un país xeralmente percibido como moderno e liberal. A conservación da natureza, protección do medio ambiente e a eficacia enerxética son polo xeral prioridade na formulación de políticas e contan con acollida por parte da poboación sueca en xeral. Suecia ten sido durante moito tempo un importante exportador de ferro, cobre e madeira, ademais na década de 1890, a escolarización universal e a industrialización permitiron ao país desenvolver unha gran industria manufactureira. No século XX foi clasificada constantemente entre os países con mellor Índice de Desenvolvemento Humano, ocupando en 2007 o sétimo posto a nivel mundial.
A lingua sueca é a lingua oficial do país, se ben dende 2009 outras cinco linguas son recoñecidas como linguas minoritarias no país. A moeda de Suecia é a coroa sueca (SEK).
|
Artigo destacado
editar
IKEA é unha corporación multinacional de orixe sueca, fundada en 1943 en Småland, adicada á venda minorista de mobles e obxectos para o fogar e decoración a baixo prezo e deseño contemporáneo. A estrutura organizativa da empresa é opaca e confusa. A marca IKEA pertence a unha fundación con sede nos Países Baixos, baixo o control da familia Kamprad, e que cobra un canon a cada tenda pola súa operación. Á súa vez, as tendas e algunhas fábricas son propiedade de distintas empresas e fundacións interrelacionadas entre si e supostamente tamén controladas pola familia Kamprad, pero cuxa estrutura societaria real non se desvelou completamente.
É unha das principais empresas en fabricación de mobles. En 2007 contaba con 238 tendas en 34 países e emprega a 104.000 traballadores en 44 países. A súa casa matriz está na cidade de Älmhult, Suecia. A empresa é considerada unha icona do deseño contemporáneo e unha das máis prestixiosas e innovadoras. O seu exitoso modelo é motivo de estudo nas escolas de negocios.
A palabra IKEA está formada polas iniciais do seu fundador, Ingvar Kamprad (I.K.), máis a primeira letra de Elmtaryd e Agunnaryd, que son a granxa e a aldea onde creceu, respectivamente.
Cidade destacada
editar
Estocolmo (en lingua sueca Stockholm (axuda · info)) é a capital e a cidade máis grande de Suecia. A cidade de Estocolmo é administrativamente unha municipalidade do Condado de Estocolmo , cunha poboación de 792 593 habitantes (1 942 233 na súa área metropolitana, sobre o 20% da poboación de Suecia). Estocolmo é a cidade máis grande dos Países nórdicos
Estocolmo está formada por 14 illas e illotes, unidos por medio de 53 pontes. O municipio está dividido dende 1998 en 18 distritos, que ten a responsabilidade das escolas primarias, asistencia social o os medios culturais locais. O actual alcalde de Estocolmo é Sten Nordin (dende 2008), do Partido Moderado.
Como capital do estado, Estocolmo é a sede do goberno e o parlamento suecos e tamén da residencia do xefe do Estado, o rei Carlos XVI Gustavo, o Palacio Real de Estocolmo, como do Primeiro Ministro, a Casa de Sager.
Estocolmo é o centro histórico de Suecia dende o século XIII, grazas a súa localización, na costa leste sueca, no centro sur, cun arquipélago do Mar Báltico en fronte e o lago Mälaren ás costas.
Está considerada como unha cidade global. É unha das cidades máis visitadas do Países nórdicos, darredor dun millón de visitantes tivo no 2006.
Categorías
editar
Queres atopar artigos relacionados coa música clásica? Proba buscando nas seguintes categorías:
Biografía destacada
editar
Ingmar Bergman, nado en Uppsala o 14 de xullo de 1918 e finado en Fårö o 30 de xullo de 2007, foi un recoñecido director e dramaturgo sueco. É considerado unha das personalidades máis eminentes da cinematografía mundial.
Dirixiu máis de sesenta películas e documentais para a televisión e o cine, os guións dos cales tamén escribía, e dirixiu unhas cento setenta obras de teatro. Na súa compañía de actores atópanse Harriet Andersson, Liv Ullmann, Gunnar Björnstrand, Bibi Andersson, Erland Josephson, Ingrid Thulin e Max von Sydow. Gran parte das súas películas foron rodadas en Suecia.
As súas dúas paixóns foron o teatro e mailo cine. Por esta última foi recoñecido mundialmente até que en 1983 se retirou da dirección cinematográfica con Fanny e Alexander (3 premios Oscar). Dende entón colaborou en guións e sobre todo escribiu ensaio máis ou menos autobiográficos: Imaxes ou Lanterna Máxica, entre outras. No ano 1997 o Festival Internacional de Cine de Cannes, que celebraba o seu 50 aniversario, concedeulle a Palma das Palmas, unha "Palma de honor" só outorgada naquela ocasión, que lle entregaron todos os galardoados até entón coa Palma de Ouro que se puideron reunir en Cannes.
Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (1)
Artigos bos (0)
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|
|
|