Plateosaurus
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
Plateosaurus Rango fósil: Triásico | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución de Plateosaurus gracilis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
P. engelhardti von Meyer, 1837 (tipo) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Zanclodon Plieninger, 1846 |
Plateosaurus ("lagarto plano") é un xénero de dinosauros prosaurópodos plateosáuridos, que viviron a finais do período Triásico, fai aproximadamente 218 e 211 millóns de anos, no Noriano, no que hoxe é Europa e Groenlandia. Hai dúas especies actualmente recoñecidas, P. engelhardti e P. longiceps aínda que moitas outras se asignaron no pasado.
Descuberto en 1834 e descrito tres anos máis adiante, Plateosaurus é un dos primeiros dinosauros nomeados formalmente, aínda que non un dos tres xéneros usados orixinalmente para definir Dinosauria, porque cando foi atopado era mal coñecido e imposible identificar coma dinosauro. Plateosaurus foi un herbívoro bípede robusto que tiña un cranio pequeno cun pescozo longo, e posuía dentes adaptados para arrincar o material vexetal; os brazos eran fortes e tamén posuía un polgar grande en cada pouta dianteira utilizado probablemente para se defender e recoller o alimento.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |