Mosquito

insecto da familia Culicidae

O mosquito, cínfano ou cínife,[2] é un insecto da familia Culicidae. Coma os outros membros da orde Diptera, os mosquitos teñen un par de ás e un par de halteres. As características da súa familia inclúen un corpo esguío e patas longas. O tamaño varía pero raramente supera os 15 mm. O peso dos mosquitos é só de 2 a 2.5 miligramos. Conseguen voar de 1.5 a 2.5 km/h. Os mosquitos existen desde hai 170 millóns de anos (Xurásico medio).

Os xéneros dos mosquitos inclúen Anopheles, Culex, Psorfora, Oclerotatus, Aedes, Stegomyia,Sabetes, Culiseta e Haemagoggus. Existen 35 xéneros en total con máis de 2.700 especies recoñecidas.

O mosquito pasa por catro fases distintas no seu ciclo vital: ovo, larva, pupa e adulto. O tamaño que alcance nas tres primeiras etapas depende do seu especie e da temperatura.

Alimentación

editar

Na maioría dos mosquitos femia as pezas bucais forman unha longa probóscide preparada para perforar a pel dos mamíferos (ou nalgúns casos de aves, réptiles ou anfibios) para succionaren o seu sangue.[3] As femias requiren proteínas para a creación de ovos e xa que a dieta normal do mosquito consiste en néctar e zumes de froitas, carentes de proteínas, deben beber sangue para obter as proteínas necesarias. A dieta dos machos consiste en néctar, saiba e zumes de froitas, xeralmente ricos en azucres. Os órganos bucais dos machos difiren dos das femias en que están inhabilitados para succionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, Toxorhynchites, non inxiren sangue e as súas larvas son predadoras doutras larvas de mosquitos. O comportamento picador destas especies é moi variable habendo especies que pican preferentemente as aves e outras os mamíferos con toda unha gradación intermedia.

Desenvolvemento

editar
 
Anatomía dunha larva de Culex
 
Imaxe microscópica da cabeza
 
Ciclo vital do mosquito

Como noutros insectos holometábolos (con metamorfoses completa) o desenvolvemento atravesa catro fases distintas: ovo, larva, pupa e adulto. A taxa de crecemento corporal depende da especie e da temperatura. Por exemplo, Culex tarsalis pode completar o seu ciclo vital en 14 días a 20 °C e en só dez días a 25 °C. Algunhas especies teñen ciclos vitais de apenas sete días e outras, pola contra, de varias semanas. As larvas de Ochlerotatus detritus poden desenvolverse lentamente a baixas temperaturas durante máis dun mes.

As larvas de mosquitos atópanse en case calquera masa de auga que se encontre estancada durante polo menos unha semana, dende o Ecuador ata case o círculo polar ártico. Así, pódese atopar larvas en pantanos, marismas, canais, pozas, ribeiras dos ríos, costas, buracos nas árbores, interior de plantas carnívoras, cisternas e todo tipo de recipientes ao aire libre. Non é necesario que haxa unha gran cantidade de auga e na maioría dos casos unha altura de 1 cm pode ser abonda para completar a súa etapa larvaria.

 
Larvas e pupa de mosquito na superficie da auga

En xeral, os ovos quedan inactivos a baixas temperaturas ou en períodos de seca, esperando condicións favorables para o seu desenvolvemento. Por exemplo, as femias dos xéneros Aedes e Ochlerotatus adoitan depositalos en lugares propensos a anegarse como marismas, recipientes ou ocos nas árbores, agardando que as mareas ou as choivas inunden os seus hábitats.

Tanto as fases preimaxinais (larvas e pupas) como os adultos son depredados por unha gran diversidade de organismos. As fases acuáticas son atacadas por diversas especies de peixes, larvas de escaravellos acuáticos, notonéctidos e outros grupos de insectos. Os adultos son depredados por arañas, libélulas, anfibios, aves, morcegos e tamén outros insectos.

Enfermidades

editar

Como outros insectos hematófagos, os mosquitos vectores de enfermidades infecciosas. Os esforzos para erradica estas enfermidades adoitan escoller como albo a exterminación dos vectores, porque para o axente infeccioso frecuentemente non existen terapias curativas eficaces, como ocorre coa febre amarela, ou vacinas, como no dengue e a malaria. Tradicionalmente combatéronse tanto na súa fase larvaria como en estado adulto, desecando áreas anegables ou tratando con insecticidas os seus focos de cría e lugares de repouso. Estas actuacións provocaron tamén efectos secundarios ambientais máis ou menos graves. Antes da aparición dos insecticidas aplicuse a loita biolóxica en gran medida, empregando peixes depredadores, morcegos e mesmo libélulas. Actualmente na maioría dos países desenvolvidos, a loita contra os mosquitos baséase no control integrado e especialmente no control larvario mediante bacterias tóxicas contra os mosquitos como é Bacillus thuringiensis var. israelensis.[4]

Hai cerca de 2700 especies de mosquitos, organizadas nuns 35 xéneros. Moitas destas especies son causa da transmisión de doenzas mortais para o home, como por exemplo:

Servizos dos ecosistemas

editar

Ademais do seu papel como transmisores de enfermidades humanas e animais, os mosquitos teñen outras funcións nos ecosistemas, proporcionando certos servizos. Os machos adultos e as femias de moitas especies visitan as flores para alimentarse do seu néctar e así contribúen á polinización.[5] Son parte significativa dos ecosistemas das zonas húmidas, onde desenvolven un papel no ciclo do carbono e do nitróxeno ata o punto de seren considerados bioindicadores por algúns biólogos como Martina Schäfer[6] e Willott.[7] Contribúen á biodiversidade dos chamados puntos quentes (lugares de maior diversidade de especies na Terra).[8]

As larvas son parte do zooplancto de numerosas zonas húmidas,[9] mais con características diferentes ás doutros dípteros.[10] As larvas e os adultos son unha fonte de nutrición de numerosos depredadores (insectos, peixes, anfibios, lagartas, aves). Transfiren biomasa dos ambientes acuáticos á tierra.[5][11] Algunhas larvas constitúen unha parte importante da biomasa de ecosistemas acuáticos, alimentándose de microorganismos e refugallos orgánicos, purificando así a auga.[11] Participan na purificación de augas estancadas e os seus cadáveres e desperdicios achegan nitróxeno como fertilizante de plantas.[5]

O mosquito na cultura

editar

Entre as fábulas da antiga Grecia recóllense "O elefante e o mosquito" e "O touro do mosquito", que teñen como sentenza que o animal grande non se decata da presenza do pequeno. A fábula provén de Mesopotamia.[12]

O filme de Winsor McCay How a Mosquito Operates (1912) foi unha das primeiras obras de animación. Mostra un mosquito xigante atormentando un home que dorme.[13]

O de Havilland Mosquito foi un bombardeiro de alta velocidade fabricado entre 1940 e 1950.[14]

  1. Harbach, Ralph (2-11-2008). "Family Culicidae Meigen, 1818". Mosquito Taxonomic Inventory. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mosquito.
  3. Bastidas, Rodolfo y Zavala, Yanet. 1995. Principios de Entomología Agrícola. Ediciones Sol de Barro. ISBN 980-245-006-5
  4. WHO (2009). Dengue Guidelines for Diagnosis, Treatment, Prevention and Control (PDF) (en inglés). Xenebra: World Health Organization. ISBN 92-4-154787-1. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Nature. 466, 432-434 (2010) Ecology: A world without mosquitoes, Janet Fang.
  6. Schäfer M (2004) Mosquitoes as a part of wetland biodiversity (http://www.diva-portal.org/smash/record.jsf?pid=diva2:165446 résumé]), PDF, 64 pages
  7. Willott E (2004) Restoring nature, without mosquitoes ? Restoration Ecology, 12 : 147-153
  8. Väisänen R & Heliövaara K (1994) Hot-spots of insect diversity in northern Europe. Annales Zoologici Fennici 31:71-81
  9. Batzer DP & Wissinger SA (1996) Ecology of insect comm unities in nontidal wetlands. Annual. Review of Entomology 41:75-100.
  10. Beaver J Miller-Lemke AM & Acton JK (1999) Midsummer zooplankton assemblages in four types of wetlands in the Upper Midwest, USA. Hydrobiologia 380:209-220
  11. 11,0 11,1 Moustique, ennemi public, revista La Salamandre, número 199, agosto 2010, p. 24.
  12. Adrados, Francisco Rodríguez (1999). History of the Graeco-Latin Fable. BRILL. p. 324. ISBN 90-04-11454-8. 
  13. Canemaker, John (2005). Winsor McCay: His Life and Art. Abrams Books. p. 165. ISBN 978-0-8109-5941-5. 
  14. "De Havilland Mosquito". The Aviation History Online Museum. Consultado o 21-11-2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Brunhes, J.; Rhaim, A.; Geoffroy, B.; Angel, G.; Hervy, J. P. Les Moustiques de l'Afrique mediterranéenne French/English. Interactive identification guide to mosquitoes of North Africa, with database of information on morphology, ecology, epidemiology, and control. Mac/PC Numerous illustrations. IRD/IPT [12640] 2000 CD-ROM. ISBN 2-7099-1446-8
  • Davidson, Elizabeth W. (1981). Pathogenesis of invertebrate microbial diseases. Montclair, N. J.: Allanheld, Osmun. ISBN 0-86598-014-4. 
  • Jahn, G. C., Hall, D. W. & Zam, S. G. (1986). "A comparison of the life cycles of two Amblyospora (Microspora: Amblyosporidae) in the mosquitoes Culex salinarius and Culex tarsalis Coquillett". Journal of the Florida Anti-Mosquito Association 57: 24–27. 
  • Kale, H. W., II. (1968). "The relationship of purple martins to mosquito control" (PDF). The Auk 85 (4): 654–661. JSTOR 4083372. doi:10.2307/4083372. 

Ligazóns externas

editar