Malte
O malte[1] é o conxunto de grans de certos cereais, polo xeral de orxo, que se fai xermolar artificialmente e que, despois de seco e torrado, se emprega para a fabricación de cervexa e alcohol ou se toma en infusión[2]. O termo malte refírese ademais a varios produtos do proceso:
- Aos grans aos que se aplica este proceso, coma ao orxo malteado.
- Ao azucre derivado dos grans con alto contido en maltosa, por exemplo o malte de panadería.
- Ao produto, baseado no leite malteado, similar a un batido malteado.
- O whisky ou cervexa tamén poden chamarse malteadas.
O malte emprégase para fabricar cervexa, whisky e vinagre de malte. Os grans malteados desenvolven as encimas que se precisan para converter o amidón do gran en azucre. O orxo é o malte máis común debido ao seu alto contido en encimas, pero pódense maltear outros grans, aínda que o malte resultante pode que non teña o contido encimático de abondo para converter o seu propio contido de amidón completa e eficientemente.
O típico proceso de preparación do malte Pale desenvólvese do xeito a seguir:
- Os grans frescos (sen telos sometido a ningún proceso previo) lávanse e enchóupanse até comezar a xerminación.
- Fornécese un grao de humidade constante para promover a xerminación e o crecemento do acrospiro, é dicir do pequeno talo que comeza a medrar do gran.
- Déixase medrar o acrospiro até unha lonxitude similar á da semente, ou un pouco menos. Este proceso tarda uns 4 ou 6 días para o orxo.
- Tras isto, o malte "verde" cócese de 38°C a 49 °C durante 24 horas e despois de 60 °C a 71 °C até que o contido de humidade sexa menor do 6%.
Os maltes escuros para cervexa cócense ás veces de diferente maneira para potenciar diferentes características.
Malte para gatos
editarExiste un produto concentrado de malte, comercializado nun tubo, que se lles dá aos gatos para evitar a formación de bólas de pelo no estómago.[3] Na maioría dos casos, o gato gusta do sabor do malte (un sabor semellante ao da regalicia). Noutros casos, o animal rexéitaa e, nestas ocasións, pódese usar a herba gateira (Nepeta cataria), unha solución natural para mellorar o tránsito intestinal.
Notas
editar- ↑ Denominación galega en Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002; e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Malte, en Portal das Palabras da Real Academia Galega.
- ↑ "Malta para gatos" (en español). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2012.
[...] En el mercado podemos encontrar preparados de malta especiales para gatos. Este preparado viene envasado en un tubo y se trata de una pasta de color marrón y textura pegajosa que se adhiere al pelo acumulado en el intestino, favoreciendo su tránsito y previniendo su acumulación. [...]
- Make Your Own Malt, Brew Your Own magazine (ISSN 1081826X), agosto 1997, páxinas 32-36. En inglés