Little Rock é unha cidade dos Estados Unidos, a capital e a cidade máis grande do estado de Arcansas. Está localizada no centro do estado, no condado de Pulaski e o seu nome deriva dunha pequena rocha situada nun extremo do río Arcansas, chamada La Petite Roche.

Modelo:Xeografía políticaLittle Rock
Little Rock, Arkansas (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2008)

EpónimoThe Little Rock (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 34°44′40″N 92°17′17″O / 34.7444, -92.2881
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoArcansas
County of Arkansas (en) TraducirCondado de Pulaski (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Território do Arkansas (pt) Traducir (1821–1836)
Arcansas (1821–1863)
Condado de Pulaski (pt) Traducir (1821–)
Arcansas (1864–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación202.591 (2020) Editar o valor en Wikidata (644,87 hab./km²)
Número de fogares83.525 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaLittle Rock–North Little Rock–Conway metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:748.031) Editar o valor en Wikidata
Superficie314,16 km² Editar o valor en Wikidata
Auga1,4811 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Arkansas Editar o valor en Wikidata
Altitude102 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1 de xuño de 1821 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
10 de setembro de 1863Battle of Bayou Fourche (en) Traducir
15 de abril de 1874Guerra Brooks–Baxter (pt) Traducir
1 de xuño de 1999Voo 1420 de American Airlines (Aeroporto Nacional de Little Rock (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Little Rock, Arkansas (en) Traducir Editar o valor en WikidataFrank Scott Jr. (2019–) Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal72201–72207, 72209–72212, 72214–72217, 72219, 72221–72223, 72225, 72227, 72231, 72255, 72260 e 72295 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico501 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio weblittlerock.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6200740

Segundo o censo de 2008 tiña unha poboación de 189.515, cun total de 675.069 no área metropolitana.

Xeografía

editar

Little Rock está localizada na parte sur do río Arcansas, no centro de Arcansas. A parte occidental da cidade está localizada nas faldras das montañas Ouachita. No norte, o lago Maumelle proporciona auga potable á cidade.

O seu fuso horario é o Central, (UCT -6).

Demografía

editar

De acordo co censo de 2008, Little Rock ten unha poboación de 189.515 persoas, sendo a densidade de poboación de 626,39 hab/km². En 2000, a poboación de Little Rock era un 55% de etnia branca, o 40,41% eran afroamericanos, o 2,67% eran latinos, o 1,66% eran asiáticos e o 1,28% pertencía a outras etnias.

Historia

editar

En 1722, un explorador francés chamado Bernard de la Harpe atopou unha pequena roca ao carón da ribeira do río Arcansas, á que chamou La Petite Roche ("A Pequena Roca", en francés), e preto da cal construíu un posto comercial.

En 1819 fúndase Little Rock, a cal convértese na capital do estado de Arcansas en 1821. En 1836, Arcansas convértese no 25º estado de Estados Unidos, sendo Little Rock a súa capital. No período da Guerra de Secesión, Little Rock uniuse ao bando confederado.

En 1911 construír o Capitolio do Estado de Arcansas. Converteuse no terceiro edificio estatal da cidade.

En 1957 producíronse graves disturbios raciais nun instituto de Little Rock. A magnitude dos feitos foi tal, que o exército tivo que intervir para disolver as revoltas.

En 1992 o Gobernador de Arcansas Bill Clinton converteuse na primeira persoa deste estado en converterse en presidente dos Estados Unidos.

A banda de rock Evanescence provén desta cidade.

Cidades irmandadas

editar

A cidade está irmandada con:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar