Kill Bill

Dúas longametraxes estreadas en 2003 e 2004 dirixidas por Quentin Tarantino.

Kill Bill (Matar a Bill) é a cuarta película escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Uma Thurman actúa no papel de Beatrix Kiddo, un personaxe coñecido durante a película simplemente como "a noiva", quen decide tomar vinganza de Bill (David Carradine) e o seu escuadrón. Outros membros do elenco son Vivica A. Fox, Lucy Liu, Michael Madsen, Sonny Chiba e Daryl Hannah. Debido á duración de catro horas da película orixinal, decidiuse durante a produción separar a película en dúas partes, chamadas "Volume 1" e "Volume 2", lanzadas en outubro de 2003 e febreiro de 2004 respectivamente. A película comezou cunha dedicatoria ó director xaponés Kinji Fukasaku. Unha edición diferente da película foi lanzada especificamente para Xapón, e foi estreada varias semanas máis tarde. Mentres que a versión estadounidense mostra a escena da batalla contra o grupo "Os 88 maníacos" en branco e negro, a versión xaponesa e europea a mostra totalmente en cor. A rodaxe da película durou 8 meses e moitas das súas escenas foron filmadas no Xapón. Miramax é a distribuidora nos Estados Unidos.

Kill Bill
Ficha técnica
Na rede
IMDB: tt6019206 Editar o valor en Wikidata

Título

editar

Kill Bill pode traducirse literalmente como "Matar a Bill".

Por outra banda, en xaponés non se distingue a l da r, e o título lese "?????" (Kiru Biru). O verbo kiru (切る) significa "cortar" ou "rebanar", como cunha catana.

Volume 1

editar
Artigo principal: Kill Bill Volume 1.
 
Uma Thurman, quen interpreta a "A Noiva"

A noiva (tamén coñecida como Mamba Negra (interpretada por Uma Thurman) é unha ex integrante de "The Deadly Viper Assasination Squad" (O Escuadrón de asasinos as Víboras Mortíferas) que intenta retirarse, pero, estando embarazada de varios meses, é atacada no ensaio da súa voda polo escuadrón. Todos os presentes son asasinados e ela recibe un disparo na cabeza, o que a deixa en estado de coma. Mentres se atopaba inconsciente, Bill envía a Elle Driver (Daryl Hannah) para eliminala, o cal resulta non pasar polo arrepentimento de Bill e decide deixala vivir ata o día en que esperte.

Catro anos máis tarde esperta no hospital sen o seu bebé ante a presenza de Buck, un empregado do hospital que arranxaba sesións de prostitución co seu corpo, e que se dispón a violala; ela víngase del, aprópiase da súa camioneta e comeza a súa aventura para tamén vingarse dos seus antigos compañeiros.

Viaxa primeiro a Okinawa, Xapón, onde solicita ó mestre Hattori Hanzo unha catana coa cal poder consumar a súa vinganza. Hattori Hanzo foi mestre de Bill, e sentindo unha profunda obrigación por tela adestrado, acepta.

Viaxa a Toquio, onde non perde tempo para localizar a O-Ren Ishii (Lucy Liu), unha xaponesa mestiza deixada orfa polos yakuza (quen mataron o seu pai e nai estando ela presente debaixo da cama). Mata a "Os 88 Tolos", o grupo encargado da seguridade de O-Ren, e perseguíndoa ata un patio nevado, onde teñen un do de catanas, resultando a morte de O-Ren Ishii. Consegue información acerca de Bill e os seus outros compañeiros torturando e mutilando a Sofie Fatale, unha das amantes de Bill e avogada de Ou-Ren.

Na súa viaxe de retorno ós Estados Unidos, confecciona unha "lista de morte" e logo, unha vez de volta no seu país mata a Vernita Green (Vivica A. Fox), a segunda na lista.

 
David Carradine, quen interpreta a Bill.

Volume 2

editar
Artigo principal: Kill Bill Volume 2.

Con esta entrega Tarantino pon punto e final á cruzada de vinganza comezada por a Noiva no primeiro volume. Tras eliminar a dous dos seus inimigos na primeira parte, só lle quedan dous nomes na súa lista de exterminio: Budd (Michael Madsen) e Elle Driver (Daryl Hannah). Unha vez que os aniquilou poderá alcanzar o seu último obxectivo, Bill (David Carradine), o seu antigo xefe e amante, o home que ordenou a súa execución.

No DVD do filme, déixase a interrogante aberta se efectivamente Elle Driver morre, xa que nos créditos dos personaxes e os seus intérpretes, táchanse os nomes dos que morreron a mans de a Noiva; con todo, cando aparece o nome de Daryl Hannah, móstrase un signo de interrogación.

Elenco

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar