Kadavu
Kadavu é a cuarta maior illa de Fidxi, cunha área de 411 km², e a maior illa do Grupo Kadavu, un arquipélago volcánico formado polas illas Kadavu, Ono, Galoa e varias illas menores no Arrecife do Gran Astrolábio (Great Astrolabe Reef, en inglés). A súa principal cidade é Vunisea, que posúe un aeroporto, unha escola secundaria, un hospital e unha base do goberno. Suva, capital do país, está localizada 88 km ao norte de Kadavu, na illa de Viti Levu.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
País insular | Fidxi | |||
División | División Oriental, Fidxi | |||
Provincia | Kadavu (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 10.167 (2007) (24,74 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 411 km² | |||
Medición | 13 () × 60 () × 93 () km | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Punto máis alto | Mount Buke Levu (en) (838 m) | |||
Administración
editarA illa de Kadavu é parte da provincia de Kadavu, pertencente a División Oriental.
Xeografía
editarKadavu posúe 93 km de lonxitude e varía entre 365 metros a 13 km de largo. A illa está case dividida en dúas partes polo istmo de Namalata, que liga a Baía de Namalata, na costa norte, co porto natural (ou ancoradoiro) de Galoa na costa sur. Dentro do porto natural de Galoa fica a illa Galoa e o pequeno illote de Tawadromu. A montaña máis alta da illa é a Nabukelevu, tamén coñecida como Monte Washington, con 822 metros de altura, localizada no extremo oeste da illa.
Kadavu aínda conserva o 75% da súa selva tropical orixinal e unha rica diversidade de paxaros.
Economía
editarKadavu é unha das áreas menos desenvolvidas das Fidxi. Hai poucas estradas e a economía local é moi dependente da agricultura de subsistencia. Non hai bancos en Kadavu. O turismo estase facendo popular.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kadavu |
Ligazóns externas
editar- Información en Kadavu.
- Información xeral en Kadavu.