Estudos da muller

Estudos da muller ou estudos feministas, é un campo interdisciplinar de estudo académico que examina a cuestión de xénero como unha construción social e cultural, o estatuto social e as contribucións das mulleres, e as relacións entre poder e xénero.[1]

Metodoloxías populares dentro do campo de estudos sobre as mulleres inclúen a teoría do punto de vista, a intersecionalidademulticulturalismo, feminismo transnacional, e prácticas de lectura, asociadas á teoría crítica, ó posestruturalismo e á teoría queer. O campo pescuda e critica normas sociais de xénerorazaclasesexualidade, e outras desigualdades sociais. Está relacionado co máis amplo campo dos estudos de xénero. Estudos sobre as mulleres precederon os estudos de xénero como unha campo de estudo estabelecido. Nos Estados Unidos, o primeiro doutoramento en estudos sobre as mulleres foi creado en 1990 e o primeiro doutoramento en estudos de xénero, en 2005.

Historia

editar

O primeiro curso de estudos acreditados sobre as mulleres foi realizado en 1969, na Universidade Cornell.[2] Despois dun ano intenso de organización,[3][4] o primeiro programa de estudo da muller nos Estados Unidos foi estabelecido en 1970, na Universidade Estatal de San Diego. Xunto co Movemento Nacional de Liberación das Mulleres, estudantes e membros da comunidade crearon o Comité AD HOC para estudos sobre as mulleres.[5] En 1974 membros do corpo docente da San Diego State iniciaron unha campaña nacional para a integración do departamento. No momento, esas accións e o campo eran extremamente políticos. Debido a sensíbel natureza política do movemento e a dura reacción ó movemento feminista, aínda hai unha serie de incertezas sobre a creación de estudos sobre as mulleres.[6]

  1. "Women's and Gender Studies". Castleton College. Consultado o 29 de setembro de 2016. 
  2. Kahn, Ada P. (2006). The Encyclopedia of Stress and Stress-related Diseases (2nd ed.). Facts on File. p. 388. ISBN 0816059373
  3. Salper, Roberta (Novembro de 2011). "San Diego State 1970: The Initial Year of the Nation's First Women's Studies Program"Feminist Studies. Feminist Studies, Inc. 37 (3): 658–682.
  4. "SDSU Women's Studies Department" Arquivado 18 de setembro de 2014 en Wayback Machine..
  5. "History :: Department of Women's Studies at San Diego State University" Arquivado 16 de abril de 2019 en Wayback Machine.. womensstudies.sdsu.edu
  6. Boxer, Marilyn J. (Fall 2002). "Women's studies as women's history"Women's Studies Quarterly, special issue: Women's Studies Then and NowThe Feminist Press30 (3–4): 42–51. JSTOR 40003241.