Cuniperto, ou Cunincperto chamado o Piadoso, foi un rei longobardo de Italia que reinou entre 688 e 700.

Modelo:BiografíaCuniperto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 660 Editar o valor en Wikidata
Morte700 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Pavia, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPavia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos longobardos (689–700)
Rei dos longobardos (688–689) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Axilolfinga Editar o valor en Wikidata
CónxuxeErmelinde Editar o valor en Wikidata
FillosLiutperto Editar o valor en Wikidata
PaisPerctarito Editar o valor en Wikidata  e Rodelinda Editar o valor en Wikidata
ParentesAriperto, avó
Godeperto, tío Editar o valor en Wikidata

WikiTree: De_Lombardía-9

Traxectoria

editar

Fillo e sucesor do rei católico Perctarito, foi asociado ao trono de seu pai Perctarito a partir de 678, sucedeuno en 687. Combateu aos duques rebeldes arianos Alahis de Trento, a quen vence no Río Adda, e Ansfrid, duque usurpador do Friúl, e sométeos. Pon fin ao cisma de Aquilea que separaba a Igrexa de Italia en 698.

Foi destronado en 690 por Alahis de Trento e de Brescia; pero moi pouco tempo despois, reclamado polas súplicas dos seus súbditos, expulsou a Alahis e volveu tomar posesión dos seus dominios. Reinou en paz ata a súa morte, en 700.

 
Moeda longobarda (tremissis) cuñada a nome de Cuniperto na ceca de Pavia.

Foi o primeiro rei longobardo que cuñou moeda do Reino Longobardo coa súa efixie.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Reino longobardo

Segue a:
Perctarito
Cuniperto
Precede a:
Alahis
Reino longobardo

Segue a:
Alahis
Cuniperto
Precede a:
Liutperto