Casa de Estuardo
A Casa de Estuardo (Stuart ou Stewart en inglés) é o nome dunha dinastía de soberanos que reinaron en Escocia entre 1371 e 1714, e en Inglaterra, Irlanda e o País de Gales entre 1603 e 1714. O fundador da casa Estuardo foi un emigrante bretón, Alan Fitzflaald, que morreu cara a 1114. Este permaneceu fiel ao futuro rei de Inglaterra Guillerme o Conquistador. O rei de Escocia, David I (1124-1153) deulle o título de "gran stewart", ou senescal, ao neto de Fitzflaald, Walter. Á morte deste, en 1177, o título pasou de pai a fillos e aos poucos converteuse nun apelido que se transformou en "Stuart".
O primeiro Estuardo en subir ao trono de Escocia foi Roberto II Estuardo, sobriño do rei precedente, David II Bruce (1329-1371), en 1371, fundando así a dinastía dos Estuardo.
Casa de Estuardo
editar- Flaithri I (falecido sobor 1080)
- Alan I
- Alan II (falecido en 1095)
- Flaithri II (falecido sobor 1101-1102)
- Alan III (falecido sobor 1121)
Gran senescal de Escocia
editar- Walter o Senescal, primeiro gran senescal de Escocia (falecido en 1177)
- Alan Estuardo, segundo gran senescal de Escocia (falecido en 1204)
- Walter Estuardo, terceiro gran senescal de Escocia (falecido en 1246)
- Alexander Estuardo, cuarto gran senescal de Escocia (falecido en 1283)
- James Estuardo, quinto gran senescal de Escocia (falecido en 1309)
- Walter Estuardo, sexto gran senescal de Escocia (falecido en 1326)
- Robert Estuardo, sétimo gran senescal de Escocia (convertido en Roberto II, rei de Escocia)
Reis de Escocia
editar- 1371-1390 : Roberto II
- 1390-1406 : Roberto III
- 1406-1437 : Xacobe I
- 1437-1460 : Xacobe II
- 1460-1488 : Xacobe III
- 1488-1513 : Xacobe IV
- 1513-1542 : Xacobe V
- 1542-1567 : María I
- 1567-1625 : Xacobe VI de Escocia, convertido en rei de Inglaterra en 1603 co nome de Xacobe I.
Reis de Escocia, de Inglaterra e Irlanda, e de Gran Bretaña (a partir de 1707)
editar- En 1649, Carlos I é derrocado e executado, e substituído pola República de Oliver Cromwell que durou ata 1659.
- Xacobe II debeu exiliarse despois do desembarco e a toma de poder de Guillerme de Orange e da súa esposa María (Revolución Gloriosa).
- 1689-1694 : María II, filla de Xacobe II, conxuntamento co seu marido e primo Guillerme III de Orange (1689-1702), descendente de Carlos I
- 1702-1714 : Ana I, filla de Xacobe II
- Á morte de Guillerme III, Ana Estuardo sucedeulle, pero non tivo fillos, converténdose na última soberana da dinastía Estuardo xa que Xurxo de Hannover sucedeulle en virtude da Lei de Instauración, que apartaba da sucesión a Xacobe Francisco Estuardo, debido á súa adhesión ao catolicismo.
Pretendentes ó trono
editar- Xacobe Francisco Estuardo (1688-1766), fillo de Xacobe II de Inglaterra, reclama o trono como Xacobe VIII de Escocia e III de Inglaterra.
- Carlos Eduardo Estuardo (1720-1788), fillo primoxénito de Xacobe Francisco Estuardo, reclama o trono como Carlos III de Inglaterra.
- Henry Benedict Stuart (1725-1807), segundo fillo de Xacobe Francisco Estuardo, reclama o trono como Henrique IX de Inglaterra.
Predecesor: Casa de Tudor |
Casa vixente no trono de Inglaterra e Irlanda 1603 – 1714 |
Sucesor: Casa de Hannover |
Predecesor: Casa de Bruce |
Casa vixente no trono de Escocia 1371 – 1714 |
Sucesor: Casa de Hannover |