Beyoncé
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Beyoncé Giselle Knowles, nada o 4 de setembro de 1981 en Houston, máis coñecida simplemente como Beyoncé é unha cantante estadounidense de pop, R&B e soul.
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Beyonce Giselle Knowles 4 de setembro de 1981 (43 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Queen B First Lady of Music |
Residencia | Bel Air (pt) |
Educación | High School for the Performing and Visual Arts (en) Alief Elsik High School (en) The Center for Early Education |
Altura | 169 cm |
Cor do pelo | Honey blond (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz, artista discográfico, emprendedora, bailarina, directora de cinema |
Período de actividade | 1997 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop, R&B contemporáneo e música hip hop |
Profesores | Ivana Chubbuck |
Influencias | |
Patrimonio estimado | 355 M$ (2018) |
Tesitura | Mezzosoprano |
Selo discográfico | Columbia Records Parkwood Entertainment (pt) Music World Entertainment (en) |
Compañeiro profesional | Jay-Z: The Carters (pt) Melody Ehsani (pt) Megan Thee Stallion (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Jay-Z (2008–) |
Fillos | Blue Ivy Carter, Rumi Carter, Sir Carter |
Pais | Mathew Knowles e Tina Knowles |
Irmáns | Solange Knowles |
Parentes | Angela Beyince, curmán |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | beyonce.com |
|
Traxectoria
editarFilla da deseñadora de moda Tina Knowles e do produtor musical Matthew Knowles, estudou en varias escolas de arte, cantando e bailando en competicións desde nena. Beyoncé fíxose famosa a finais da década de 1990 como a cantante principal do grupo feminino Destiny's Child, vendendo 50 millóns de discos co grupo e 25 millóns en solitario.
En xuño de 2003 durante unha paréntese co grupo Destiny's Child, Beyoncé lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Dangerously in Love, convertido nun dos máis exitosos dese ano tanto de pública como de crítica, con tres cancións Crazy in Love, Naughty Girl e Baby Boy subindo ó máis alto das listas e dándolle cinco Premios Grammy en 2004. A desaparición de Destiny's Child en 2005 permitiulle continuar a súa carreira en solitario, o seu seguinte álbum B'Day (2006) debutou no número un do Billboard, con cancións de tanto éxito como Deja Vu, Irreplaceable e Beautiful Liar. O seu terceiro álbum, I Am… Sasha Fierce editouse en novembro de 2008 e incluía éxitos como If I Were a Boy, Single Ladies (Put a Ring on It) e Halo.
O éxito dos seus álbums estableceuna como unha das artistas máis comerciais da industria musical, tamén comezou unha carreira como actriz en 2001 ó aparecer no musical Carmen: A Hip Hopera e 2006 a adaptación de Broadway Dreamgirls, e en 2009 o seu primeiro gran papel en Obsessed. No ano 2004 sacou ó mercado, a súa propia liña de moda. Casou o 4 de abril de 2008 co rapeiro Jay-Z.
Tamén foi premiada cun premio Grammy nas edicións dos anos 2006, 2007 e 2009, e con cinco no ano 2010.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beyoncé |