Asignatura aprobada
filme de 1987 dirixido por José Luis Garci
Asignatura aprobada é un filme español de 1987 escrito, producido e dirixido por José Luis Garci. O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 60ª edición dos premios,[1] e Garci gañou o Goya ó mellor director.
Asignatura aprobada | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Asignatura aprobada |
Director | José Luis Garci |
Produtor | José Luis Garci |
Guión | José Luis Garci Horacio Valcárcel |
Intérpretes | Jesús Puente Victoria Vera Teresa Gimpera Eduardo Hoyo |
Música | Jesús Gluck |
Fotografía | Manuel Rojas |
Montaxe | Miguel González Sinde |
Estrea | 23 de abril de 1987 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Sinopse
editarTralo fracaso da súa última obra e o abandono da súa muller, José Manuel Alcántara decide deixar Madrid e ir a Asturias para ter unha vida tranquila como colaborador de radio e prensa. Porén, os seus erros do pasado virán canda el, como o seu fillo roqueiro e o seu vello amor.
Notas
editar- ↑ oscars.org (ed.). "The 60th Academy Awards (1988) Nominees and Winners". Consultado o 16 de agosto de 2015.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 60ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Asignatura aprobada na IMDb (en inglés).