Ansfrido de Friúl
Ansfrido (ou Ansfrit) (? - post 698) foi duque longobardo do Friúl aproximadamente do 695 ao 698.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | valor descoñecido |
Duque de Friúl | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Traxectoria
editarEstablecido no castelo de Ragogna, sobre o 695 apoderouse do ducado expulsando a Rodoaldo, que daquela estaba ausente de Cividale, sen o consenso do rei Cuniperto. Nun primeiro momento, porén, o soberano semellou non oporse á usurpación. De alí a pouco, con todo, Ansfrido saíu do Friúl para se apoderar tamén do trono de Cuniperto (698). Capturado en Verona, foi levado perante o rei, quen lle conmutou a pena de cegueira e o enviou ao exilio.
Fontes
editar- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán, 1992).