Anna Lee Fisher
química, médica e astronauta estadounidense
Anna Lee Fisher, nada en Nova York o 24 de agosto de 1949, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-51-A. Foi a primeira nai en viaxar ao espazo. Está casada co tamén astronauta William Frederick Fisher.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1949 (75 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | San Pedro High School Universidade de California, Os Ánxeles |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, química, médica |
Tempo no espazo | 7 días, 23 horas e 44 minutos |
Misión do astronauta | |
Familia | |
Cónxuxe | William Frederick Fisher |
Premios | |
Traxectoria
editarFisher graduouse en química e medicina pola Universidade de California nos Ánxeles en 1971 e 1976 respectivamente. É máster en química pola mesma universidade en 1987.[1][2]
Foi seleccionada pola NASA como astronauta en xaneiro de 1978, participando na misión STS-51-A en 1984. Pasou un total de 7,99 días no espazo. Retirouse da NASA en 2017.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Fisher, Anna Lee Tingle" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (28 de abril de 2017). "Legendary Astronaut Retires from NASA" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Lee Fisher |