Duas Bagoas Por Maquina
Duas Bagoas Por Maquina
Duas Bagoas Por Maquina
b ág o as por Máquina
Dúas
Título: in a Casalder
rey
F
Autora: ícto r Rivas
: V
Ilustrador
r ia l: Xerais
Edito
c c ió n : Merlín
Cole
1 2 0 / 1 3ª edición
:
Nº páxinas 78-84-8302
-565-9
9
ISBN: n diante
D e 11 anos e
Idade:
XERAIS
1
a autora
Fina Casalderrey (Xeve, 1951)
Profesora, etnógrafa vocacional, gastrónoma, xornalista e, sobre todo, escritora.
Conta con obras gastronómicas en coautoría con Mariano García O libro da empa-
nada, Festas gastronómicas de Galicia, Repostería de Galicia…
Autora e directora de varias obras teatrais na escola que recolleu na publicación
Recursos teatrais para a expresión dramática na escola.
É unha das autoras máis recoñecidas e traducidas da literatura infantil galega.
Entre as súas obras podemos citar: Dúas bágoas por Máquina, Gordiño Recheo, Un
día de caca e vaca, ¡¡Lume!!, O avó é sabio, O avó sae de paseo, A avoa non quere
comer, A avoa ten unha menciña, Desventuras dun lobo namorado, Unha pantasma
branca, Chamizo, O misterio dos fillos de Lúa, Pimpín e Dona Gata, O estanque dos
parrulos pobres, Ás de mosca para Anxo, Bicos de prata, Cando a Terra esqueceu xirar,
Eu son eu, ¡Un can no piso! ¿E que?, Nolo e os ladróns de leña, Unha raíña negra,
¡Puag, que noxo!, O meu avó é unha gata, Un misterio na mochila de Alba, Isha, naci-
da do corazón…
Recibiu premios como o Merlín por Dúas bágoas por Máquina, O Barco de Vapor
e o Premio Nacional de Literatura Infantil por O misterio dos fillos de Lúa, ou o
Premio Edebé por O estanque dos parrulos pobres.
A súa obra ¿Quen me quere adoptar? foi seleccionada para os White Raven, ao igual
que ¡Prohibido casar, papá!
Na lista de honra de CLIJ están os seus libros Chamizo, ¡Asústate, Merche!, O estan-
que dos parrulos pobres, Ás de mosca para Anxo, Pimpín e Dona Gata, O meu avó é
unha gata, ¿Quen me quere adoptar, Isha, nacida do corazón e ¡Puag, que noxo! Este
último, xunto con O misterio dos fillos de Lúa, están incluídos nos mellores da
década da revista CLIJ. Tamén está na lista de honra da CCEI a súa obra O estan-
que dos parrulos pobres, e conta coa Placa de plata Editorial SM por superar os
100.000 exemplares de El misterio de los hijos de Lúa.
2
o ilustrador
Víctor Rivas (Pontevedra, 1965)
Deseñador gráfico, autor de banda deseñada e tiras de prensa, colaborando con
publicacións como Camaleón, Atlántico e El País de las tentaciones. Algunha das
súas creacións son Xen, Friki Estreki, Thorda y Roke, Lucky Duckie.
Actualmente combina a animación e a multimedia en internet coa ilustración.
Neste caso trátase de debuxos en branco e negro que xogan con tonalidades de grises.
Máis información na páxina http://www.victorrivas.com/comic/index.html
o libro
Foi premio Merlín en 1991.
Unha novela emotiva, narrada con tenrura e humor, que aborda toda a complexi-
dade das relacións entre os nenos e os animais; tal como se cita na contraportada
do libro.
É a historia desa relación entre Xusta e o can, Máquina, que recibiu como agasa-
llo cando cumpriu seis anos. Pasado o tempo a familia cansa do animal e pensa en
desfacerse del, abandonándoo nun monte. Desa época trata especialmente o libro,
dos recordos e da tristeza ante a súa desaparición, pero tamén da volta, da súa recu-
peración. O can convértese na mascota de todos os nenos da aldea e demostra a
súa valentía nun par de actuacións impresionantes. A última delas suporá a súa fin,
nunha entrega total para salvar á única persoa que semella non sentir nada por el.
3
temas e valores
A relación entre os nenos e os animais
As relacións familiares
Pais e fillos, irmáns entre si, avós e netos. A casa como mundo no que
convivir.
Mascotas
Avós e avoas
O seu tempo, tan diferente do noso, que provoca cambios moi fortes
entre uns e outros.
A valentía
Esa capacidade para enfrontarse ás máis difíciles probas para superar as
dificultades que se presentan. A maneira na que Máquina resiste a
enfermidade e se cura a si mesmo para volver ao cabo do tempo cabo
da nena. A maneira de enfrontarse ao ladrón ou salvar á avoa, a conta
da propia vida.
A enfermidade
como causa de mal humor, de cambios de carácter, de crueldade…
4
actividades
Antes da lectura
• Co libro na man anticipamos o seu contido. Observando as capas imaxinamos de que pode tratar e o
que imos atopar nel. Atendemos ao que nos suxira o título e a ilustración da portada.
• Reflexionamos sobre o título. Que pode significar? Quen será Máquina? Por que lle poñerían un nome así?
• Escribimos un texto con ese título. Pode estar en prosa ou en verso.
• A lectura do texto que aparece na contraportada axudaranos a predicir o tema e o argumento do
mesmo. Deixamos que vaian aflorando os coñecementos previos acerca das mascotas e dos cans aban-
donados nas estradas en época de vacacións, etc.
• O libro acadou o premio Merlín en 1991. Falemos dese premio e doutros libros que tamén o obtive-
sen.
• Identificamos a autora, lembramos o que sabemos acerca dela e das obras que coñezamos, buscamos
máis datos aproveitando os que aparecen na solapa. Aqueles que leron outros libros poden presentár-
llelos aos compañeiros e compañeiras. Continuamos documentándonos na biblioteca, entrando na
súa páxina web…
• Podemos falar da colección Merlín, doutros títulos que teñamos lido e da opinión que nos mereceron.
Repasamos a lapela na que aparece «Fina Casalderrey na colección Merlín».
• Comentamos a dedicatoria, e unha vez lida a novela, pensamos a quen lla dedicariamos nós e con que
palabras.
• A autora dedícalle a obra, ademais de aos seus fillos, a todos os nenos que non aturan ver un animal
maltratado. Falemos acerca do maltrato aos animais, de como ás veces é infrinxido por nenos e de
como outras veces son os nenos quen os defenden.
• Cunha mirada rápida observamos as ilustracións e imaxinamos a historia que pode haber detrás.
• Falamos do ilustrador. Buscamos información acerca da súa traxectoria.
Ao longo da lectura
5
actividades
• Alguén pode encargarse de revisar o libro buscando animais que aparecen nel. Unha vez conseguida a
lista, se é de interese, poderíanse distribuír entre os grupos para buscar información e elaborar un
mural con aqueles datos que resultan máis sorprendentes.
• Elaboramos un vocabulario coas palabras que nos resultan difíciles á primeira vista.
• Cada un de nos conta todo o relativo ás súas mascotas. De non ser posible facemos unha composición
na que contamos esa historia.
• Explicamos como é o recendo a terra mollada.
• Deteñámonos en cada unha das ilustracións. Tentamos explicalas e observamos que informacións
novas nos achegan.
• Debuxemos a casa de Xusta coa eira e demais dependencias.
• Elixamos a ilustración que máis nos gusta de todas e argumentamos a escolla.
• Probamos a ler un fragmento do libro de forma que cada un de nós represente un personaxe.
• Poñámoslle pés de foto ás ilustracións, tal como se fai en prensa.
• Explicamos a frase: «Todo o que nun principio facía graza, caía en desgraza».
• Formulámonos preguntas relacionadas co texto.
• Buscamos a comicidade ou o humor no texto.
• Ricardito, o fillo do xefe do seu pai, era un rapaz consentido e insoportable. Un deses cativos aos que
é case imposible querer. A quen nos lembra? Que opinamos do seu comportamento? Cremos que é
culpa súa ser así ou responsabilidade doutros?
• Contestemos:
— En que tipo de centro estuda Xusta?
— Como se chama o condutor do seu autobús? E como o alcuman?
— Que é copar?
— Como funcionan as canceiras municipais?
— Cales son os apelidos de Xusta?
— Que opinas desa maneira de comezar determinados parágrafos cunha frase enteira en maiúsculas?
— Que son as biqueiras?
— Cal é a enfermidade que ten a avoa?
— Por que se chama Máquina o can?
— Como se curan os animais –eles sos- cando están enfermos?
— Cales foron as falcatruadas de Máquina?
— Por que don Ricardo bota ao pai coa lea da reconversión? En que consiste esta?
— Que lle fixo Ricardito a Xusta e a Máquina?
— Que quere ser Xusta de maior?
— Xusta bota moito de menos ao avó. Que sente pola avoa?
— A que é debido o cambio de carácter da avoa?
— Na casa de Xusta tanto ela como seu irmán colaboran nos traballos da casa. Que pasa na túa?
— O corpo de Xusta está a cambiar. En que o nota?
— Estará pasando, Xusta, por unha depresión?
— En que momentos da lectura te tes emocionado?
— Como lle chaman, os veciños, aos da casa de Xusta?
— Quen é a acusona da clase de Xusta?
— Como se chama a cadela da tía Carme?
— Cal cres que é o libro de aventuras, que le Xusta, sentada xunto ao río?
— A que se refire o título Dúas bágoas por Máquina? En que momento se entende?
• O paro é unha situación moi difícil, sobre todo se pensamos en que o pai semella ser o único da casa
que traballa fóra. Falemos de persoas que coñecemos que se atopan nesa situación, da taxa de paro en
España, e de todo o que teña que ver con el.
• A avoa opina que o marisco son «esas cousas que só serven para entreter a quen non ten fame». Semella
unha boa ocorrencia. Pensa noutras.
• Explica «A noticia caeu sobre ela coma unha pantasma dos soños».
6
actividades
• As reaccións da avoa ademais de ter a súa orixe na enfermidade tamén poden estar causadas pola xeración
á que pertence, unha xeración que pasou anos moi difíciles, de posguerra e de fame, de aí que non sexa
capaz de encariñarse cun animal, de gastar os cartos ou preocuparse por el… Opinemos ao respecto.
• Explica esta frase referida á avoa: «A cortinaxe de anos foi matando os seus encanos».
• Fagámonos expertos en razas de cans: cócker, fox terrier, dálmata…
• Xusta non entende a razón pola que non lle deixen ver a televisión despois de morrer o avó, xusto
cando ela ten aínda máis necesidade, para non andar todo o tempo triste, pensando nel. Que opinas?
• Ás veces os cans van visitar aos seus donos ao cemiterio. Talvez por iso se diga deles que son amigos
fieis, o mellor amigo do home…
• Explica a frase: «Meu pai ensinounos todos os segredos que gardan celosamente as augas». Cales serán?
• Buscar fermosos poemas de amor no medio dalgún libro é algo que tamén a nós nos apetece, igual que
a Arturo e Xusta. Fagámolo!
• A relación cos cans é moi especial. Eles sempre che mostran o afecto, sempre están pendentes de ti,
nunca semellan ter mal humor… Continúa a enumeración!
• O home da tía Carme vai quedar este verán en Xenebra. Buscamos esa cidade no mapa. Falamos da
emigración.
• Explicamos a frase: «A súa beleza rebélase coma un poema lírico».
• Localizamos algún recurso literario.
Despois da lectura
• Cando lemos esta historia hai algunhas cousas que nos sorprenden, que semellan doutra época… cales
serían?
• Debuxamos aquelas imaxes que representen determinados momentos ou personaxes que nos teñan
chamado moito a atención.
• Escribimos as aventuras de Maquina neses meses nos que estivo fóra da casa.
• O argumento non é lineal, vai de diante para atrás e ás veces pega brincos no tempo. Xustamente, a
liña do tempo que realicemos para facer o seguimento do libro terá un chanzo moi importante no
epílogo. Expliquémolo!
• Semella tamén que no libro hai unha historia dentro da historia, a que escribe Xusta…
• Unha vez lida, tenta buscarlle un escenario real a este relato, onde podería desenvolverse esta historia?
Por que? Logo, sitúaa no tempo.
• Busquemos aquilo que máis nos sorprendeu, o que nos resultou máis triste, o máis cómico, o máis fan-
tástico…
• Analicemos os problemas que xorden na historia e a maneira de resolvelos.
• Co libro na man, busquemos unha descrición, un diálogo, unha narración…
• Comentemos os valores que defende a autora neste texto.
• Escribimos a opinión que nos mereceu o libro ou realizamos unha posta en común na que imos ache-
gando a valoración de cada un de nós. Intercambiamos as sensacións que nos espertou a lectura, e as
lembranzas que foron agromando ao longo da mesma.
• Intentamos sintetizar a idea principal do texto.
• Entramos na páxina web da autora para saber algo máis acerca dela e dos seus libros.
• Escribímoslle a Fina Casalderrey, para darlle a nosa opinión sobre a súa obra. Podemos facelo a través
da súa páxina, a da editorial, a da biblioteca virtual galega…
• Repasamos o texto buscando un fragmento que nos poida servir como cita.
• Pasamos a historia a cómic ou escribimos un poema relacionado con ela.
• Buscamos as outras obras da autora para poder seguir lendo.
• Pensamos noutros textos que poderiamos relacionar con este: polo tema, porque defende valores parellos…
• Esta obra foi publicada no 1991. Pensemos en que se nota o paso do tempo ou se non é así.
• Pensamos nunha persoa a quen lle regalariamos este libro e escribimos a dedicatoria.
7
Pedidos a:
Comercial Grupo Anaya
Polígono Pocomaco
Avenida 3 Edificio Diana
Nave 4 Baixo • 15009 • A Coruña
Telf.: 981 171 641 / Fax: 981 171 647
XERAIS
Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo
Apartado Postal 1446. 36200 Vigo
Teléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80
Telefax: (986) 20 13 66
Correo electrónico: [email protected]
http: //www.xerais.es/