Saltar ao contido

Bolivia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBolivia
Estado Plurinacional de Bolivia (es)
Buliwya Achka nasyunkunap Mama llaqta (qu)
Wuliwya Suyu (ay)
Tetã Volívia (gn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional de Bolivia Editar o valor en Wikidata

Lema«La Unión es la Fuerza»
«Unity is Strength»
«Обединението е силата»
«Адзінства — сіла»
«Cryfder yr Undeb» Editar o valor en Wikidata
EpónimoSimón Bolívar Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°03′25″S 64°59′28″O / -17.05686961, -64.99122861
CapitalSucre
A Paz (1899–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.051.600 (2017) Editar o valor en Wikidata (10,06 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
Lingua aimará
linguas quechuas
lingua guaraní Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.098.581 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoNevado Sajama (6.542 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Paraguai (90 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1825 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porTerritorio de Acre Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataLuis Arce (2020–) Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataLuis Arce Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia , (Escano: 166) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal40.408.208.524 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaBoliviano Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bo Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+591 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911, 110, 119 e 160 Editar o valor en Wikidata
Código de paísBO Editar o valor en Wikidata

BNE: XX450652

Bolivia (coñecido oficialmente como Estado Plurinacional de Bolivia; en quechua: Puliwya Mamallaqta, aimará: Wuliwya Suyu, en guaraní: Tetã Hetãvoregua Mborivia) é un país do oeste de América do Sur que limita polo norte e leste co Brasil, polo sur con Paraguai e a Arxentina, e polo oeste con Chile e o Perú. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz. A meirande cidade e principal centro industrial é Santa Cruz de la Sierra, que se atopa en Llanos Orientales (as terras baixas tropicais), unha rexión principalmente chá do leste do país.

O estado soberano de Bolivia é un constitucionalmente un estado unitario dividido en nove departmentos. A súa xeografía varía dende os cumios dos Andes no oeste, ás terras baixas do leste, que se atopan dentro da bacía do río Amazonas. Un terzo do país atópase dentro da cadea montañosa dos Andes. Cunha área de 1,098,581 km², Bolivia é o quinto maior país de América do Sur, despois do Brasil, a Arxentina, o Perú e Colombia (e xunto con Paraguai, é un dos dous únicos países sen costa de América), o 27º meirande do mundo, o meirande estado sen litoral do hemisferio sur e o sétimo maior país sen costa do mundo, despois de Casaquistán, Mongolia, o Chad, Níxer, Malí e Etiopía.

A poboación do país, estimada en 11 millóns de persoas, é multiétnica, incluíndo indíxenas, mestizos, europeos, asiáticos e africanos. A segregación racial e social que comezou na colonización española continuou até a era moderna. O castelán é a lingua oficial e predominante, aínda que outras 36 linguas indíxenas adquiriron status oficial, sendo as máis comúns o guaraní, o aimará e o quechua.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Bolivia recibe o seu nome na honra de Simón Bolívar, un líder venezolano das guerras de independencia hispanoamericanas.[1] O líder de Venezuela, Antonio José de Sucre, tivo a opción ofrecida por Bolívar de unir Charcas (a actual Bolivia) coa acabada de crear República do Peru, para unirse nas Provincias Unidas do Río da Prata, ou declarar formalmente a súa independencia de España como un estado soberano. Sucre optou por crear un estado novo, e o 6 de agosto de 1825, co apoio local, nomeouno na honra de Simón Bolívar.[2]

O nome orixinal do país foi República de Bolívar. Algúns días despois, o congresista Manuel Martín Cruz propuxo: "Se de Rómulo, Roma; de Bolívar, Bolivia". O nome foi aprobado pola República o 3 de outubro de 1825.[3] En 2009, unha nova constitución cambiou o nome oficial do país para "Estado Plurinacional de Bolivia" en recoñecemento da natureza multiétnica da súa poboación e para mellorar a posición dos pobos indíxenas de Bolivia baixo a nova constitución.[3]

Artigo principal: Historia de Bolivia.

En Bolivia desenvolvéronse grandes civilizacións, das que a máis importante foi a civilización de Tiahuanaco. Tornouse parte do imperio Inca no século XV.

Cando os españois chegaron no século XVI, Bolivia, rica en depósitos de prata, foi incorporada no vicerreinado do Pelo, e máis tarde no de La Plata.

A loita pola independencia comezou en 1809, mais permaneceu como parte da España ata 1825, cando foi liberada por Simón Bolívar, a quen o país debe o seu nome. Despois dunha breve unión co Perú, Bolivia tornouse totalmente independente. Nos anos seguintes, Bolivia perdeu parte do seu territorio debido a vendas e á guerra.

Bolivia enfronta problemas culturais e raciais, e sufriu ao longo dos anos múltiples revolucións e golpes militares. En 1980, a democracia foi restaurada despois da destitución dunha xunta militar.

2005-2019: Presidencia de Evo Morales e nacionalización do petróleo

[editar | editar a fonte]

Evo Morales gañou as eleccións presidenciais de 2005 co 53,7 % dos votos, unha maioría absoluta pouco frecuente nas eleccións en Bolivia. En maio de 2006 Morales xerou controversia cando anunciou o seu intento de nacionalizar os hidrocarburos do país. Cumprindo unha promesa de campaña, o 6 de agosto de 2006, Morales abriu unha asemblea constituínte para comezar a escribir unha nova constitución que lle outorgase máis poder á maioría indíxena.[4]

En agosto de 2007 xurdiu un conflito en Sucre, xa que a cidade esixiu un debate sobre a sede do goberno dentro da asemblea, agardando que os poderes executivo e lexislativo puidesen regresar á cidade, mais a asemblea e o goberno dixeron que esta demanda era pouco práctica e politicamente non desexable. En maio de 2008 Evo Morales asinou o tratado constitutivo da Unión de Nacións Suramericanas. Nas eleccións xerais de 2009, Evo Morales foi reelixido co 64,22 % dos votos. O seu partido, Movemento ó Socialismo, tamén gañou unha maioría de dous terzos en ámbalas cámaras da Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia.

Despois de acusacións de fraude nas eleccións xerais de Bolivia de 2019 e protestas contra o goberno, Morales renunciou o 10 de novembro de 2019. Isto produciuse pouco despois de que os militares esixisen a súa renuncia despois de poñerse do lado dos manifestantes, e os ex funcionarios do goberno informasen que se estaba a buscar o seu arresto.[5][6] Jeanine Áñez declarouse a si mesma como presidenta de Bolivia e asumiu o poder o 12 de novembro de 2019.[7] Algúns dos partidarios de Morales percibiron o seu ascenso ó poder como un golpe de Estado. As protestas contra o goberno de Áñez comezaron incitadas polos seguidores de Morales.[8] Moitos manifestantes son indíxenas que se opoñen ás inclinacións evanxélicas cristiás do novo goberno.[9]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Bolivia.
Salar de Uyuni.

Na parte occidental do país está a Cordilleira dos Andes, na cal están a montaña máis alta do país, o pico Nevado Sajama cos seus 6.542 m; o lago Titicaca, o máis alto lago do mundo; e o Salar de Uyuni, no departamento de Potosí, unha grande extensión cuberta por sal que foi no pasado o fondo dun grande lago que se secou por evaporación. O centro do país é unha meseta, o "Altiplano", onde vive a maioría dos bolivianos. O leste do país está constituído por terras baixas, e cuberto pola foresta húmida da Amazonia. O lago Titicaca sitúase na fronteira entre a Bolivia e o Perú. No occidente atópase o Salar de Uyuni, a maior planicie de sal do mundo.

O país actualmente non ten litoral, despois de o perder nunha guerra co Chile, a Guerra do Pacífico, que ocorreu de 1879 a 1884.

As cidades principais son A Paz, Sucre, Santa Cruz de la Sierra e Cochabamba.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Subdivisións da Bolivia.

Bolivia está dividida en 9 departamentos:

División política
Departamento Poboación Supeficie (km²) Densidade (*) Capital (Hab.)
República de Bolivia 9 627 269 1 098 581 8,8 Sucre
Bandeira do Departamento del Beni Beni 414.758 213.564 1,9 Trinidad (86.385)
Bandeira Chuquisaca 611.660 51.524 11,9 Sucre (247.259)
Bandeira do Departamento de Cochabamba Cochabamba 1 709 806 55.631 22,7 Cochabamba (586.813)
Bandeira do Departamento de La Paz La Paz 2 872 793 133.985 19,9 A Paz (835.000)
Bandeira de Oruro Oruro 437.131 53.558 8,2 Oruro (216.620)
Bandeira do Departamento de Pando Pando 69.541 63.827 1,1 Cobija (32.217)
Potosí 772.578 118.218 6,5 Potosí (149.246)
Bandeira de Santa Cruz Santa Cruz 2 367 440 370.621 6,6 Santa Cruz de la Sierra (1 397 000)
Bandeira del Departamento de Tarija Tarija 471.563 37.623 12,5 Tarija (170.906)
(*)= Todos os datos de poboación son proxeccións do INE para 2006 [1]. A densidade departamental está calculada coa proxección da poboación de 2006.

Outras cidades importantes son: La Paz: El Alto 827.000, Cochabamba: Quillacollo 90.000 Sacaba 127.000, Tarija: Yacuiba 90.000, Santa Cruz: Montero 90.000, Beni: Riberalta 78.000.

Cada departamento está subdividido en provincias, que son responsábeis dalgúns asuntos locais.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Bolivia.
O edificio gobernamental da Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia na Praza Murillo do centro da Paz.

Bolivia foi gobernada por gobernos democraticamente elixidos dende 1982; antes diso, foi gobernada por varias ditaduras. Os presidentes Hernán Siles Zuazo (1982–85) e Víctor Paz Estenssoro (1985–89) comezaron un proceso de cesión de poderes pacificamente que continuou no tempo, aínda que tres presidentes renunciaron por mor das protestas populares: Gonzalo Sánchez de Lozada en 2003, Carlos Mesa en 2005 e Evo Morales en 2019.

A democracia multipartidista de Bolivia tivo unha ampla variedade de partidos na presidencia e no parlamento, aínda que o Movemento Nacionalista Revolucionario, a Acción Democrática Nacionalista e o Movemento de Esquerda Revolucionaria predominaron dende 1985 até 2005. O 11 de novembro de 2019, tódolos altos cargos gobernamentais foron desocupados despois da renuncia de Evo Morales e da súa executiva. O 13 de novembro de 2019, Jeanine Áñez, unha senadora en nome de Beni, declarouse a si mesma como presidenta de Bolivia. Ela é presidenta de Bolivia de facto.

A constitución, redactada en 2006–07 e aprobada en 2009, garante o equilibrio dos poderes executivo, lexislativo, xudicial e electoral, así como varios niveis de autonomía. O poder executivo tradicionalmente forte tende a eclipsar a Asemblea Plurinacional, cuxa función xeralmente se limita a debater e aprobar lexislación iniciada polo executivo. O xudicial, que consiste no Tribunal Supremo e os tribunais departamentais e menores, estivo pragado de corrupción e ineficacia. A través das revisións da constitución en 1994 e das leis posteriores, o goberno iniciou reformas potencialmente de grande alcance no sistema xudicial, así como o aumento dos poderes de descentralización nos departamentos, concellos e territorios indíxenas.

Bolivia ten a súa capital recoñecida constitucionalmente en Sucre, mentres que A Paz é a sede do goberno. La Plata (hoxe Sucre) foi proclamada capital provisional do independente Alto Perú (posteriormente Bolivia) o 1 de xullo de 1826.[10] O 12 de xullo de 1839, o presidente José Miguel de Velasco proclamou unha lei na que nomeaba a cidade como capital de Bolivia, cambiándolle o nome na honra do líder revolucionario Antonio José de Sucre.[10] A sede do goberno boliviano trasladouse á Paz en principios do século XX, por mor da relativa distancia da cidade respecto do centros económicos, despois do decline de Potosí e a súa industria da prata, e do Partido Liberal na guerra de 1899.

A constitución de 2009 asigna o papel de capital nacional a Sucre, sen facer referencia á Paz no texto.[11] Ademais de ser a capital constitucional, o Tribunal Supremo de Bolivia atópase en Sucre, converténdoa na capital xudicial. Porén, o Palacio Quemado (o palacio presidencial e sde do poder executivo boliviano) atópase na Paz, así como a Asemblea Lexislativa e o Órgano Electoral Plurinacional. A Paz continúa a ser qa sede do goberno.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Bolivia.

Bolivia, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado.[Cómpre referencia] Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre con México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos ferrocarrís, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.

O crecemento económico minorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentariais restritivas, que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consecuencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en abril e en setembro/outubro baixaron o crecemento a un 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.[Cómpre referencia]

Escultura

[editar | editar a fonte]

A escultura boliviana remóntase ao período de Tiwanaku coas estelas antropomorfas como o Monólito Bennett ou as figuras esculpidas na Porta do sol. Máis adiante, no período colonial, destaca Tito Yupanqui, autor da Virxe de Copacabana, cuxa técnica entroncou a tradición indíxena coa escultura española da época.[12] Posteriormente son salientables as esculturas talladas nas igrexas de Sucre e Potosí, que foran influenciadas pola Escola Sevillana e a Escuela Cuzqueña.[12]

No período republicano a escultura recibe un pulo coa creación da Escola de Belas Artes da Paz[13][14] e deste xeito co andar do século XX destacan as figuras de Emiliano Luján, Hugo Almaráz, Víctor Zapana[15]e principalmente Marina Núñez del Prado[16]. Na obra de Núñez del Prado son salientables as esculturas caracterizadas polas estilizadas curvas (traballadas en ónix, granito negro, alabastro etc.) que simbolizan a muller, un tema que ocupa un lugar central na súa arte.[13] Logo da década de 1960 aparecen novas figuras como Ted Carrasco, Carlos Rodríguez e Marcelo Callaú, autores que na súa maioría toman a súa inspiración da sociedade boliviana e dos mitos andinos.[14]

  1. Salem Press (ed.). "Simón Bolívar". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 28 de xaneiro 2014. 
  2. Historia-bolivia.com (ed.). "6 de Agosto: Independencia de Bolivia". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Blogs.law.harvard.edu, ed. (11 de xaneiro de 2009). "What countries are named after individuals or families?". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  4. BBC News, ed. (6 de agosto de 2006). "Push for new Bolivia constitution". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2010. 
  5. Londoño, Ernesto (10 de novembro de 2019). "Bolivian Leader Evo Morales Steps Down" – vía NYTimes.com. 
  6. English, teleSUR (10 de novembro de 2019). "#Bolivia | Former President of the National Assembly and current Minister of Health Gabriela Montaño denounces that police are “illegally intending to arrest #EvoMorales. We denounce this madness to the world.”https://twitter.com/GabrielaSCZ/status/1193671831254962176 …". 
  7. BBC, ed. (13 de novembro de 2019). "Bolivia crisis: Jeanine Áñez assumes interim presidency". Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  8. "BBC Mundo". 
  9. CNN, Gremaud Angee and Joshua Berlinger (20 de novembro de 2019). "Bolivia crisis: Death toll rises as security forces overwhelm protesters near La Paz". CNN. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2019. Consultado o 20 de novembro de 2019. 
  10. 10,0 10,1 Sucre., Sociedad Geográfica (1903). Impr. "Bolívar" de M. Pizarro, ed. Diccionario geográfico del Departamento de Chuquisaca: contiene datos geográficos, históricos y estadisticos. pp. 296–97. 
  11. Nueva Constitución Política del Estado (ed.). "Political Constitution of the State, First Part, Title I, Chapter One: Model of State" (PDF). p. 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2009. Consultado o 14 de xullo de 2013. I. Sucre is the Capital of Bolivia." 
  12. 12,0 12,1 Embajada de Bolivia en Brasil. "Escultura". www.embolivia.org.br. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2013. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  13. 13,0 13,1 Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  14. 14,0 14,1 Querejazú, Pedro. "La Pintura Boliviana del Siglo XX - La Nueva Generación". www.bolivianet.com. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  15. Pentimalli, Michela (2009). Bolivia, los caminos de la escultura. La Paz, Bolivia: Fundación Simón I. Patiño. p. 39. ISBN 978-99954-0-667-7. OCLC 658218012.  citado en Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 145. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  16. "Marina Núñez del Prado: Escultora boliviana". www.info.caserita.com. Consultado o 27 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]