Saltar ao contido

dote

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Galego

  • Pronuncia: /'do.te/ (AFI)

Substantivo masculino

dote (sg: dote; pl: dotes)

  1. Conxunto de bens e dereitos achegados pola muller ao matrimonio, que ten como finalidade atender ás cargas comúns e que, no caso de ser disolto aquel, lle deberá ser devolto.
    • Exemplo: O mellor dote foi para a filla máis vella.

  2. Patrimonio que se entrega ao convento ou á orde en que vai tomar estado relixioso unha muller.
    • Exemplo: Para darlle o convento o dote da súa filla tivo que pedir un préstamo.

  3. Calidade ou capacidade apreciábel nunha persoa.
    • Exemplo: Dotes de mando. Ten grandes dotes de escritor

      .
  4. (Relixión) Na doutrina tradicional católica, cada unha das catro calidades que posúen os corpos gloriosos dos benaventurados, a claridade, a axilidade, a sutileza e a impasibilidade.

Termos relacionados

carta de dote