ZZ Top
ZZ Top | |
---|---|
Orixe | Houston, Texas, Estados Unidos |
Período | 1970 - actualidade |
Xénero(s) | blues-rock, boogie rock |
Selo(s) discográfico(s) | American Recordings, RCA, Warner Bros., London |
Membros | Billy Gibbons Dusty Hill Frank Beard |
Na rede | |
http://www.zztop.com | |
|
ZZ Top, cariñosamente coñecido polos seus fans como "That little ol' band from Texas", é un grupo estadounidense de blues rock formado en 1970 en Houston, Texas. Os membros do grupo son Billy Gibbons (voz e guitarra), Dusty Hill (baixo e guitarra) e Frank Beard (batería). Teñen o mérito de ser un dos poucos grupos de rock que aínda conserva os seus membros orixinais logo de máis de 35 anos, ademais de manter ao mesmo representante e produtor, Bill Ham.
Alcanzaron a cima do seu éxito comercial nos 70 e os 80, pero aínda hoxe continúan virando e lanzando discos. ZZ Top entrou no Rock and Roll Hall of Fame o 15 de marzo de 2004.
Gibbons e Hill tamén son famosos polas peculiares guitarras que utilizan, moitas delas codiseñadas co mestre luthier John Bolin.
Practicamente son tan famosos polo seu aspecto como pola súa música. Gibbons e Hill sempre son retratados levando lentes de sol (un xesto á súa canción de 1979 Cheap Sunglasses), roupa parecida (ou en ocasións idéntica), e as súas larguísimas barbas. En 1984 a firma Gilette ofreceu a Gibbons e a Hill un millón de dólares por afeitarse nun anuncio de televisión. Declinaron a oferta.
Historia
[editar | editar a fonte]Os futuros compoñentes de ZZ Top tocaran en anterioridade en diferentes bandas texanas (entre elas The Moving Sidewalks ou The American Blues) antes de unir forzas a finais de 1969. En primeiro lugar Gibbons invitou a Beard a unirse ao seu proxecto de formar un trío de blues rock e posteriormente, cando estaban buscando un baixista, Beard propuxo o nome de Hill, antigo compañeiro seu en The American Blues.
Deron o seu primeiro concerto en febreiro de 1970, e estiveron case permanentemente de xira durante os seguintes anos. O seu terceiro disco con London Records, Tres hombres (1973) foi amplamente aclamado. Nel está a xa clásica canción "La Grange", que conta a historia do bordel sobre o que trata o musical "The Best Little Whorehouse in Texas" (O mellor puti-club de Texas).
O grupo continuou de xira e gravando discos ata 1977, momento no que decidiron tomarse un longo descanso de dous anos e medio. Unha vez transcorrido ese período de descanso, ZZ Top comezou a gravar coa súa nova compañía, Warner Bros. Records. Neses dous anos e medio, Gibbons e Hill deixáronse crecer as súas famosas barbas que rapidamente se converteron na característica máis distinguible da banda.
Con Eliminator (1983), ZZ Top alcanzou novos niveis de popularidade, en boa parte grazas aos espectaculares vídeos musicais de cancións como Gimme All Your Lovin', Legs e Sharp-Dressed Man, nos que sempre aparecía un pequeno hot rod vermello Ford'34 ocupado por mulleres fermosas que viaxan nel dun lado para outro axudando á xente. O álbum tamén presentaba un distintivo son de sintetizadores, toda unha rareza no blues rock, o que engadiu un toque moderno á súa música e axudou ao éxito do disco. Ata a data Eliminator foi o disco máis exitoso do grupo.
O seu seguinte disco, Afterburner, repetiu a fórmula de sintetizadores, secuenciadores e blues rock. Algúns críticos sentíronse frustrados por esta tendencia, aínda que en posteriores discos a presenza de sons electrónicos foi decrecendo progresivamente.
En 1994 ZZ Top asinou un contrato de cinco discos con RCA Records. Moitos fans consideran que as gravacións desta etapa están artisticamente por encima dos traballos anteriores do grupo, pero se mostran descontentos coa promoción que RCA deu a estes lanzamentos.
En xullo de 2000, durante unha xira por Europa, a Hill diagnosticóuselle hepatite C, o que forzou á cancelación de varios concertos. Desde entón protagonizou unha destacable recuperación.
En 2003 saíu ao mercado unha completa colección de gravacións pertencentes aos anos que pasaron nos selos London e Warner Bros. Leva por título Chrome, Smoke & BBQ. No ano 2006 informouse que ZZ Top atópase gravando o seu décimo quinto disco de estudo.
Discografía
[editar | editar a fonte]- ZZ Top's First Album - 1970
- Rio Grande Mud - 1972
- Tres Hombres - 1973
- Fandango!' - 1975
- Tejas - 1976
- Degüello - 1979
- El Loco - 1981
- Eliminator - 1983
- Afterburner - 1985
- Recycler - 1990
- Antenna - 1994
- Rhythmeen - 1996
- XXX - 1999
- Mescalero - 2003