Saltar ao contido

William S. Burroughs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «William Burroughs»)
Modelo:BiografíaWilliam S. Burroughs

(1983) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1914 Editar o valor en Wikidata
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte2 de agosto de 1997 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Lawrence, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBellefontaine Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
John Burroughs School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSátira Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, guionista, escritor de ciencia ficción, prosista, pintor, novelista, ensaísta, poeta, fotógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorNaropa University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCiencia ficción, sátira, literatura distópica (pt) Traducir e autobiografía Editar o valor en Wikidata
MovementoXeración beat Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioWilly a William Lee Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoESP-Disk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
CónxuxeJoan Vollmer (1946–1951) Editar o valor en Wikidata
FillosWilliam S. Burroughs Jr. Editar o valor en Wikidata
PaiMortimer P. Burroughs Editar o valor en Wikidata
Condenado porhomicidio preterintencional Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
Medvik >>>:Burroughs, William S. (William Seward), 1914-1997, Editar o valor en Wikidata
Sitio webrealitystudio.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0123221 Allocine: 75253 Allmovie: p9766
BNE: XX1163063 Musicbrainz: f150ed27-bee7-49d8-a226-31fef88c29b3 Songkick: 152043 Discogs: 50077 Allmusic: mn0000960205 WikiTree: Burroughs-836 Find a Grave: 6201607 Editar o valor en Wikidata

William Seward Burroughs, nado en Saint Louis o 5 de febreiro de 1914 e finado en Kansas o 2 de agosto de 1997, foi un novelista, ensaísta e crítico social estadounidense.

Burroughs e David Woodard con Dreamachine, 1997[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Burroughs naceu nunha familia acomodada. Seu avó inventou unha máquina de sumar que serviría para fundar a Burroughs Adding Machines, empresa que aínda existe, se ben é máis coñecida como Burroughs. Xa desde pequeno descubriu as súas inclinacións homosexuais e a súa paixón polas armas de fogo, que lle acompañou toda a vida. Tras un período terriblemente autodestrutivo durante os anos 50, tras unha primeira incursión na literatura pulp (caso de Junkie), adicouse a partir dos 60 a escribir con bastante continuidade. A súa obra ten unha importante carga autobiográfica, e nela plásmase a súa adicción a diversas substancias, como a heroína. A experimentación, o surrealismo e a sátira constitúen, ademais, algúns dos elementos máis destacados das súas novelas. As súas primeiras publicacións englobábanse dentro da Xeración Beat, o grupo de intelectuais e artistas estadounidenses que definiron e deron forma á cultura trala segunda guerra mundial. Non en van, Burroughs mantivo importantes contactos con escritores como Allen Ginsberg (do que se cre que foi amante), Gregory Corso, Jack Kerouac ou Herbert Huncke. Pero a influencia da súa literatura transcendeu amplamente este movemento, deixándose sentir posteriormente noutras manifestacións artísticas de tipo contracultural. Ingresou na «American Academy and Institute of Arts and Letters» en 1984.

Literatura

[editar | editar a fonte]

A obra de Burroughs comezou sendo formalmente convencional, sen ben as temáticas non o eran. É o caso das obras primeiras como Junkie ou Queer (Marica, que non foi publicada ata 1985). Posteriormente entregouse á experimentación formal con maior ou menor éxito. Técnicas como o cut-up (que aprendeu do seu amigo Brion Gysin) consistente en collages narrativos ou un esforzo denodado por destruír as normas sintácticas e semánticas sen perder o sentido do relatado. Desta época proceden Nova Express, The Soft Machine ou Naked Lunch. Está influenciado por autores como Jean Genet, Samuel Beckett, Henry Miller, Alfred Korzybski, Oswald Spengler, Brion Gysin ou Louis-Ferdinand Céline. Así mesmo, serviu de influencia a outros escritores como Kathy Acker, J. G. Ballard, Paul Di Filippo, Allen Ginsberg, Jack Kerouac, David Cronenberg, Steely Dan, Lydia Lunch, Genesis P-Orridge, Thomas Pynchon, Mark Leyner, Dennis Cooper, Will Self, William Gibson, Alan Moore ou Irvine Welsh.

Filosofía

[editar | editar a fonte]

Non se debe considerar esta experimentación como algo sen obxectivo. A peculiar filosofía de Burroughs, que en definitiva é a que deu transcendencia á súa obra, é case mesiánica.

Segundo Burroughs, o ser humano está alienado pola linguaxe. Considera que a linguaxe (e as normas gramaticais e sintácticas que a caracterizan) é un organismo parasito, un virus, que elixiu as nosas mentes como hábitat. A linguaxe (e máis aínda a razón) esmaga a nosa natureza real e crea un universo para nós no que existe o tempo, a morte e practicamente tódolos nosos males.

O problema complícase porque os seres humanos infectados non saben que o están. Segundo a súa propia analoxía, "o cárcere perfecto é aquel no que non sabes que estás dentro dun cárcere". Para Burroughs a linguaxe é un cárcere perfecto, porque parece incriblemente amplo e espazoso. Non obstante, a linguaxe só permite chegar a onde as súas propias combinacións e secuencias permite, deixando máis alá o territorio real da mente humana, que é o espazo e non o tempo.

Para Burroughs, a auténtica revolución non é de índole social, senón mental. Desfacerse do virus linguaxe é o primeiro paso. A guerra contra este virus establece unha continuidade en gran parte da súa obra, onde os protagonistas (humanos, extraterrestres, seres inorgánicos, demos) están claramente dun ou doutro bando, e se enfrontan violentamente, sen regras de ningún tipo.

Os esforzos deste autor por transcender as regras da linguaxe conseguen finalmente destruír esa tiranía inherente, de tal maneira que Burroughs consegue expresar imaxes e mundos como ninguén fixera antes. Porén, non se pode afirmar que conseguira este obxectivo desde o primeiro momento. As obras anteriormente mencionadas en ocasións rozan a ilexibilidade e exixen un esforzo considerable por parte do lector. Non é senón ata a súa madurez, coa triloxía formada por Cities of the Red Night, The Place of Dead Roads e The Western Lands, cando este autor consegue o equilibrio entre accesibilidade, experimentación e revolución.

Nestes tres libros, auténticas obras mestras, a destrución da linguaxe lévase a cabo de maneira tan sutil que na práctica o lector non se decata de que en realidade o texto está violando tódalas regras da linguaxe, logrando ademais que o texto se transforme en imaxes de modo fluído. Como exemplo, esta cita de The Place of Dead Roads:

-Saca unha foto diso, é puro Venus, amigo meu...
É Urano, onde os uranianos sentan nas súas casas azuis de lousa en frío silencio azul... Kim quería exploralos todos novos perigos novas armas, "mares perigosas en desolados países de fadas" ansiaba drogas praceres descoñecidos e unha distante estrela chamada FOGAR.

Novelas e outras obras longas de ficción

[editar | editar a fonte]

O fillo de Burroughs's, William S. Burroughs, Jr., tamén escribiu dúas novelas: Speed e Kentucky Ham. Estes libros atribúense acotío ó seu pai, de xeito equivocado.

Relatos e novellas

[editar | editar a fonte]

Non-ficción

[editar | editar a fonte]

Colaboracións

[editar | editar a fonte]

Filmografía sobre Burroughs e sobre a súa obra e pensamento

[editar | editar a fonte]
  1. Chandarlapaty, R., "Woodard and Renewed Intellectual Possibilities", en Seeing the Beat Generation (Jefferson, NC: McFarland & Company, 2019), pp. 98–101.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]