Veritas F1
Nome completo | Veritas |
---|---|
Bandeira | Alemaña |
Baseada en | Nürburgring, Alemaña |
Tempadas en activo | 3 (1951-1953) |
Número de pilotos | |
Debut | Gran Premio de Suíza de 1951 |
Carreiras | 4 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Alemaña de 1953 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Veritas foi unha famosa compañía de Alemaña Occidental, situada na vila de Hausen am Andelsbach, preto de Sigmaringen, Baden-Württemberg, despois en Meßkirch e Muggensturm e trasladouse finalmente á Nürburgring.
A compañía foi fundada por Ernst Loof, Georg Meier e Dietrich Lorenz, inicialmente reconstrue e axusta BMW 328 de antes da guerra con compoñentes fornecidos polo cliente, converténdoos en coches BMW-Veritas.[1] O primeiro coche foi utilizado en 1947 polo seu propietario Karl Kling para gañar en Hockenheim e, posteriormente, converterse no campión alemán de 2 litros de 1947. Logo de facer só uns poucos coches, por mor dunha obxección de BMW, os coches coñécense simplemente como Veritas.
Coches de estrada
[editar | editar a fonte]Os primeiros Veritas en ser feitos para o uso normal na estrada fíxeronse en 1949 co lanzamento do coupé Komet que era un Veritas RS de carreiras adaptado para ser legal na rúa. Foi seguido polo máis civilizado Saturno 2+2 coupé e o Escorpión cabriolet.
A empresa trasladouse a un local máis amplo en Muggensturm[1] Máis de 200 pedidos foron recibidos para o novo coche, pero non había suficiente diñeiro dispoñible para comprar os compoñentes e a produción detívose en 1950, a compañía continuou en funcionamento ata o ano 1952 fabricando fuselaxes para os coches Panhard.
Ernst Loof trasladouse ao circuíto de Nürburgring en 1950[1] onde alugou os talleres de Auto Union e creou unha nova empresa Ernst Loof Automobilwerke GmbH e empezou a fabricar nun primeiro momento unha nova gama de coches Veritas con motores Heinkel con carrocerías cabriolet de Spohn. Rapidamente quedaron sen diñeiro e todas as carrozerías foron equipados con motores Ford ou Opel. O número de coches fabricados no circuíto de Nürburgring estímase entre 6 e 20.
Coches de Fórmula 1
[editar | editar a fonte]Construíu coches cada vez máis evolucionados ata chegar a competir no campionato do mundo da Fórmula 1 en tres tempadas, 1951, 1952 e 1953.
Un total de dezasete monoplazas Veritas disputaron carreiras de Fórmula 1.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | Piloto/s | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1951 | SUI | 500 | BEL | FRA | RU | ALE | ITA | ESP | |||||
Privado | Meteor | Veritas 6 en liña | Peter Hirt | Ret | |||||||||
1952 | SUI | 500 | BEL | FRA | RU | ALE | NED | ITA | |||||
Privados | Meteor RS |
BMW 6 en liña Veritas 6 en liña |
Toni Ulmen | Ret | 8 | ||||||||
Arthur Legat | NC | ||||||||||||
Josef Peters | Ret | ||||||||||||
Hans Klenk | 11 | ||||||||||||
Adolf Brudes | Ret | ||||||||||||
Theo Helfrich | Ret | ||||||||||||
Fritz Riess | 7 | ||||||||||||
Motor-Presse-Verlag | Meteor | Veritas 6 en liña | Paul Pietsch | Ret | |||||||||
1953 | ARX | 500 | NED | BEL | FRA | RU | ALE | SUI | ITA | ||||
Privados | Meteor RS |
Veritas 6 en liña | Arthur Legat | Ret | |||||||||
Erwin Bauer | Ret | ||||||||||||
Ernst Loof | Ret | ||||||||||||
Oswald Karch | Ret | ||||||||||||
Willi Heeks | Ret | ||||||||||||
Theo Helfrich | 12 | ||||||||||||
Wolfgang Seidel | 16 | ||||||||||||
Hans Klenk | Meteor | Veritas 6 en liña | Hans Herrmann | 9 |
Actualidade
[editar | editar a fonte]Veritas RS3 | |
Produción | 2009 |
Montaxe | Nürburg, Alemaña |
Configuración | |
Tipo | Automóbil deportivo |
Carrozaría | Convertible de 2 portas |
Dimensións | |
Peso | 1.080 kg. |
Características técnicas | |
Motor | BMW S85B50 507 hp 5.0L V10 |
Logo da práctica desaparición das carreiras de motor e da automoción durante case 50 anos, unha pequena empresa coñecida como Vermot AG[2] planeou "resucitar" o nome de Veritas nun modelo coñecido como o RS III.
En 2001, presentouse un concepto coñecido como o Veritas RS3.[3] Con algúns detalles de deseño tomados dos barcos, nos que Vermot explorou o mercado nun tempo, foi ben recibido. Utilizouse un BMW de orixe 6,0 litros V-12, producindo 670 hp.
A produción e as probas[4] comezaron a principios de 2008. Fabricouse sobre un BMW de orixe 5,0 litros V-10 que xera 600 hp. O peso manterase ata 2.360 libras debido á utilización de materiais lixeiros, e unha velocidade máxima de 348 km/h.
En 2009, no London's Salon Privé, o súper coche deportivo Veritas RS III Roadster gañou o premio "Best Super Car 2009". A produción estritamente feita a man limitase a só 30 vehículos ano fabricados por Vermot en Gelsdorf.[5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Veritas Meteor
Fórmula 2 -
Cockpit do Veritas Meteor
-
Motor 6 cilindros de Veritas
-
Veritas RS2000 CCM no Concours d'Elegance
-
Veritas RS (1948) sen pintar co motor de 6 cilindros do BMW 328, de 1971 cm³ e 125 HP en Salzburgring no 2014
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Georgano, N. (2000). Beaulieu Encyclopedia of the Automobile. London: HMSO. ISBN 1-57958-293-1.
- ↑ "Vermot AG Home Page". Consultado o 2008-05-23.
- ↑ "Motor Authority on the 2001 RS3 concept.". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2008. Consultado o 2008-05-23.
- ↑ "Left Lane News on emerging details". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2012. Consultado o 2008-05-23.
- ↑ "Veritas RS III: A Dream Sports Car". Taume News. 2009-10-20. Consultado o 2009-10-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Veritas F1 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- F1 Rejects profileArquivado 11 de maio de 2008 en Wayback Machine.