Saltar ao contido

Toxo femia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ulex gallii»)
Toxo femia (Ulex gallii)
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Xénero: Ulex
Especie: U. gallii
Nome binomial
'Ulex gallii'
Planch.
Toxo femia (Ulex gallii)

O toxo femia é o nome común da especie de toxo Ulex gallii da familia das fabáceas, subfamilia das Faboideae. Tamén recibe os nomes de toxo mouro e toxo molar (aínda que este último nome tamén se lle dá as especies Ulex micranthus e Ulex minor). O U. Minor tamén recibe nalgunhas zonas o nome de toxo femia.

Foi descrito por Planchon en 1849 nos Anais de Ciencias Naturais de París (Ser. 3,11 : 213).

É un arbusto perenne da familia das fabáceas, nativo da Europa atlántica : sur da Escocia, Illa de Man, Inglaterra, Irlanda, País de Gales, oeste de Francia e norte da Península Ibérica, salientando en Galiza. Atópase polo xeral en zonas non moi frías, con solos acedos, frecuentemente en marítimos e de montañas. Distribúese en distintas subespecies. En Galicia concretamente aparecen dúas, a máis abundante é a subespecie breoganii. A subespecie gallii aparece só no norte das provincias da Coruña e Lugo.

Medra até 90 cm de altura. Os abrochos novos son verdes, con follas modificadas de 1 a 3 cm de lonxitude. A flor (chamada chorima) é amarela, 1 a 2 cm de longo, coa estrutura típica das flores da familia dos legumes.

O froito é un legume ( vaíña), parcialmente incluído na rexión marrón pálida da flor.

Como todas as especies de Ulex, é unha planta cuxas raíces tornan a agomar despois dos lumes. As súas sementes están adaptadas tamén para xermolaren cando foron lixeiramente chamuscadas.

O nome científico da especie (gallii) débese a Nicolas Joseph Marie Le Gall, quen foi o primeiro a diferenciar este toxo do Ulex parviflorus (toxo da Provenza). Porén, non conseguiu publicar a descuberta antes que Planchon a describise en 1849. De calquera modo, Planchon dedicoulle o nome científico da nova especie.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]